Os centros Alfonso VII y el Aquis Celenis de Caldas únense á campaña “Aquí tamén se fala en galego”

Os centros Alfonso VII y el Aquis Celenis de Caldas únense á campaña “Aquí tamén se fala en galego”
Imaxe dun grupo de alumnos do centro caldense participante | cedida

Os alumnos do CPI Alfonso VII e do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis únense con outros 180 centros educativos autonómicos —entre os que tamén se inclúen colexios e institutos de Vilagarcía, Vilanova, A Illa, A Pobra Rianxo ou Boiro en Arousa— na campaña “Aquí tamén se fala galego”, creada polo IES Rafael Dieste de A Coruña para difundir o uso da lingua galega nos comercios locais.


Así, no marco desta campaña, a mocidade dos institutos da vila termal iniciou unha distribución de carteis, que aínda segue en marcha, co lema #aquitamensefala en máis de medio centenares de negocios da vila e das parroquias do concello para tentar promover o uso da lingua galega na contorna. Nesta campaña de normalización lingüística é a xente nova a que toma a iniciativa de convidar a proxectar a imaxe do galego como lingua viva e con futuro, así como tamén se intenta incentivar o seu uso nas redes sociais.

Os centros Alfonso VII y el Aquis Celenis de Caldas únense á campaña “Aquí tamén se fala en galego”

Te puede interesar