Beni Ferreiro: “O novo álbum, “Planes para días grises”, mantén a esencia de Igloo, pero soa moito máis fresco e actual”

Beni Ferreiro: “O novo álbum, “Planes para días grises”, mantén a esencia de Igloo, pero soa moito máis fresco e actual”
Os integrantes do grupo: Beni Ferreiro, Alberto Torres, Julián Rodríguez e Juanma Fernández | 100tovolando

A banda Igloo, formada en Caldas de Reis, estreou o pasado venres o seu sétimo disco, “Planes para días grises”, financiado a través dun crowfounding pola plataforma Verkami. Para este novo traballo, xurdido en pleno confinamento, a agrupación musical púxose ás ordes do prestixioso produtor Juanma Latorre, guitarra, teclista e compositor de Vetusta Morla. Dende Igloo, Beni Ferreiro, vocalista da banda, asegura que foi o álbum que “máis tempo e traballo” levou, tras tres anos de preparativos, aínda que é “o público o que dirá se é o mellor”.

Como funcionou a campaña de crowfounding para que este disco puidera ver a luz?

Xa barallaramos este método nalgún disco anterior. Propuxémonos pedirlle a algúns fans un adianto para un disco que sairía un ano máis tarde e a resposta foi totalmente positiva, entrando incluso patrocinadores no proxecto. Esto tamén motivounos para que o traballo estivera moito máis coidado, xa que esta xente está apostando por nós, polo que foi algo que nos centrou moito máis no traballo, a parte que con un productor como Juanma Latorre, tendo unha visión exterior, o que el diga ten que ir adiante, porque por eso nos poñemos nas súas mans.


Como foi a experiencia traballando da man de Juanma Latorre?
Foi excelente, aínda que non lle gustara a el que o dixera, porque é unha persoa moi humilde, é unha institución, ademais gústalle traballar moi cercanamente. Temos a impresion de haber feito un compañeiro e amigo novo, co que dixemos que nos gustaría volver a traballar no futuro. Así mesmo, gustounos a súa forma de traballar, moi novedosa para nós, con un set aberto no estudo de grabación, onde cada instrumento estaba montado e preparado en todo momento, o que posibilitou arranxos de última hora, e mantíñanos á alerta, abriunos moitas barreiras para poder traballar dunha forma diferente a coma víñamos facendo.

Despois de tres adiantos, que contaron con unha boa acollida, que expectativas tedes para este novo disco?

Os adiantos son un fiel reflexo do que inclúe o álbum. Con estos temas vimos as opinións da xente que nos sigue de sempre e outra que se vai incorporando, porque todo o mundo é benvido ao noso Igloo. Encántanos ir saboreando todo isto, porque non é un aluvión, podemos ir contestando a todo o mundo e vemos os pensamentos do público. Os mecenas, que o teñen desde fai uns días, estannos escribindo mensaxes moi bonitas, dicindo que é o disco que mellor soa con diferencia de Igloo. Sobre todo, quedámonos, con que recoñecen perfectamente a esencia de Igloo, pero dinnos que soa moito máis fresco e actual. Para nós é a resposta que queríamos escoitar por parte dos nosos oíntes, pola nosa aposta neste sentido e por non perder a identidade, xa que sería ridículo que despois de 18 anos fixésemos algo que non tivese que ver co noso selo.

Tamén queda patente en “Plans para días grises” a evolución da banda nos último 18 anos...

Evidentemente, colles o primeiro disco e este e nótase a diferencia, tamén un pouco polas influencias que tes en cada momento, non é que vaiamos soar a Bizarrap ou algo así moi actual, porque non é o que nos pide o noso corpo musical, pero sí que se vai actualizando.

A maioría dos once temas foron compostos no confinamento, supoño que unha época moi complicada para os músicos...

Nós sempre o intentamos ver desde un prisma máis positivo. Os temas xurdiron con cada un na súa casa e a través de vídeochamadas fomos traballando e construíndose todo. E dígoche máis, foi moi importante para a supervivencia de Igloo, igual se deixaramos amainar todo e esperáramos a que todo volvese a comezar e traballar de cero, non seguiríamos aquí.

Que representa o título de “Plans para días grises”?
“Planes para días grises” fai referencia ao futuro, como dí “Los amantes mariposa”, desprega unhas ás para poder retomar o que ficemos antes do confinamento. O álbum en xeral ten un prisma moi positivo e alentador.

Falando de futuro, supoño que aínda quedarán moitos anos máis por diante e máis discos...

Xa levamos tres anos que me din “eres un pouco o drámatico do grupo”, pero eu penso que non, senón realista. Co paso dos anos imos vendo outras formacións coma “Second” ou “Columpio Asesino” que van anunciando a súa disolución, grupos cunha grande traxectoria. Así que coa gravación do último disco xa dixen “estou encantado de gravalo, a ver ata onde nos leva e a ver se hai a sorte de que podamos ter outro”, non querendo ser destructivo, pero sendo realista, porque nunca se sabe. Penso tamén que esta actitude fainos desfrutar moito máis dos momentos, como é o caso das xiras, tomando todo con moita máis calma. En definitiva, somos un grupo de amigos que o pasamos moi ben tocando en directo, un matrimonio de cinco persoas, xa que nesta xira incorporamos a un músico máis.

Co lanzamento deste último disco arranca unha nova xira, que datas estades manexando xa?
Estamos arrancando sen demasiados agobios. Ademais, temos un par de festivais cerrados, de aquí de Galicia, que non podemos anunciar, xa que non se fixo público o cartaz, pero si podo adiantar que o 24 de marzo estaremos no Auditorio de A Estrada facendo a presentación do disco, o 31 deste mes en A Fábrica de Chocolate Club de Vigo, así como un par de eventos privados para os nosos patrocinadores e mecenas, que merecen un pouco de mimo, xa que estamos con este disco grazas a eles. Tamén estaremos no Namasté en Vilagarcía, en Melide ou en Madrid.


Beni Ferreiro: “O novo álbum, “Planes para días grises”, mantén a esencia de Igloo, pero soa moito máis fresco e actual”

Te puede interesar