Daisy Alcalde reincide no Soño feminista

Daisy Alcalde reincide no Soño feminista
A asamblea tivo lugar no Auditorio

A asamblea do Soño de Lilith escolleu de novo a Daisy Alcalde como presidenta. Foi durante unha reunión que tivo lugar esta mañán no Auditorio e na que tamén se abordaron a programación de actividades de cara aos próximos meses.

 

Alcalde foi unha das fundadoras da asociación que, desde hai unha década, organizou numerosos eventos que puxeron de manifesto un activismo fresco, contundente e reivindicativo, coa aposta por un feminismo construído desde a intervención en todos os ámbitos sociais. Como vicepresidenta, foi elexida Loli Santos Bóveda.

 

A primeira cita clave será o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, e haberá un obradoiro de pancartas previo á manifestación. Ademais, o colectivo loita pola defensa dos dereitos Lgtbi, polo que o 28 de xuño é outra das súas datas claves. Tres días antes, domingo, haberá unha manifestación que rematerá nunha festiva sesión vermú. Otro evento para anotar na axenda feminista será o Festivala, xa máis avanzado o verán.

 

As Feministas de Catoira tamén celebran esta tarde unha asamblea na que se constituirán formalmente como colectivo.

Daisy Alcalde reincide no Soño feminista

Te puede interesar