A rapazada que participa este verán na ludoteca da piscina de Vilagarcía achegouse a Diario de Arousa para coñecer de primeira man – e dirixidos polo subdirector, Beni Yáñez– como funciona por dentro e a nivel xornalístico un periódico local. A rapazada aprendeu como se fai un xornal en papel e tamén como se manexa a edición dixital. Levaron de recordo para as súas casas acreditacións de Prensa e unha portada sobre a súa visita.