Vilagarcía é a cidade onde máis baixa a criminalidade no primeiro semestre do ano

Vilagarcía é a cidade onde máis baixa a criminalidade no primeiro semestre do ano
Losada presidiu a Xunta Local de Seguridade

Vilagarcía lidera na provincia a baixada de criminalidade durante o primeiro semestre do ano, con case sete puntos por debaixo do mesmo periodo de 2024. O sudebelgado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, presidiu a Xunta Provincial de Seguridade, na que tomaron parte o comisario xefe provincial, Juan José Díaz; o comisario de Vigo, Ramiro González; o coronel da Garda Civil, Manuel Touceda; o tenente coronel, Óscar Grañas; o comandante de Tráfico, Miguel Martínez e a fexfa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación, María José Rodríguez.

 

Os números analizados avalían unha baixada do 4,4 por cento no ámbito urbano, é dicir, na demarcación da Policía Nacional, é unha suba dun 5 por cento no ámbito rural, competencia da Garda Civil. "As cifras demostran que continuamos reducindi lixeiramente nas cidades e hai un pequeno crecemento no territorio rural, polo que unha cousa compensa a outra", subliñou o subdelegado do Goberno. 

 

No caso de Vilagarcía, a delincuencia retrocedu un 6,9 por cento no primeiuro semestre do ano, ao pasar de 936 a 871 felitos delictusoso. No conxunto da provincia, tamén baixou en Pontevedra (5,3%), en Vigo-Redondela (un 4,9%) e o contrapunto dase en Marín, onde subiu en máis de 15 puntos, dato que se atribúe á actuación de dous grupos xa detidos.

 

Tres mil positivos al volante

Os responsables das forzas de seguridade manifestaron a súa preocupación polo impacto da ciberdelincuencia na provincia, que xa supón un 15,9 por cento do total dos delictos na Demarcación da Policía Nacional e un 28% no da Garda Civil. Neste punto, desde a Subdelegación inciden en que se trata de actuacións que deberían separarse das estatísticas, "porque na meirande parte dos casos son perpetradas por persoas que actúan a distancia e que, por tanto, non teñen o mesmo impacto na seguridade percibida pola ciudadanía.

 

En canto á seguridade viaria, no que vai de ano faleceron dez persoas nas estradas, un 41,1 por cento menos que no mesmo periodo de 2024. O Subsector de Tráfico está a facer un despegamento para loitar contra as concentracións ilegais en polígonos industriais, así como para garntir a seguridade en eventos ligados ao mundo do motor. En canto aos controis sobre alcohol e drogas ao volante, o ente estatal destaca a Pontevedra como unha das provincias "máis activas en España nesta actividae preventiva, chegando a superar os 3.000 positivos no semestre". Ademais, durante o mes de xuño se denunciou a máis de 30 infractores multirreincidentes, dentro do plan de control establecido.

Vilagarcía é a cidade onde máis baixa a criminalidade no primeiro semestre do ano

Te puede interesar