A historia do nacemento de Vilagarcía rexurde no local do Faiado da Memoria

A historia do nacemento de Vilagarcía rexurde no local do Faiado da Memoria
diario de arousa-2018-12-21-011-cd5fff3d

A historia do nacemento de Vilagarcía cobrou onte vida no local do Faiado da Memoria. Fíxoo na voz do licenciado en Filoloxía e edil da Corporación, Gaspar González Somoza, que foi o encargado de ler un documento cuxa única edición data do 1965 e é obra do ilustre Fermín Bouza Brey.


O certo é que moito se ten especulado sobre cal foi a data exacta da fundación de Vilagarcía como tal e incluso moitos historiadores apostan por unha ou outra data. Gaspar González Somoza explicaba onte durante a súa intervención no Faiado que o documento, escrito en galego, non deixa lugar a ningunha dúbida. A súa lectura di que Vilagarcía se fundou no ano 1471 e que foi a partir daí cando este enclave arousán empezou a coñecerse como tal.

O documento, a única edición que se conserva, foi doada ao Concello de Vilagarcía no ano 1996 pola viúva de Fermín Bouza Brey. Sumerxirse neste documento escrito a man é unha forma única de adentrarse nas arterias de Vilagarcía e, a partir daí, ir tirando do fío. Foi precisamente iso o que se fixo onte no local do Faiado no que se agochan historias de diferentes épocas da capital arousá e donde se segue a traballar na recuperación da memoria viva e oral.


A “Carta Puebla” foi onte a protagonista da xornada de recordo e de divulgación e unha ocasión perfecta para os amantes da historia para coñecer de preto cales son os orixes de Vilagarcía.

A historia do nacemento de Vilagarcía rexurde no local do Faiado da Memoria

Te puede interesar