En Vilaxoán, as “revenidas” mollaron moi ben o pan

En Vilaxoán, as “revenidas” mollaron moi ben o pan
Diario de Arousa-2014-08-24-006-041131b3

Non solo en San Xoán a sardiña molla o pan, senón que tamén o fan en Vilaxoán durante todo o ano. Así o constataron os centos de persoas que participaron onte durante todo o día do lado máis gastronómico da festa das Revenidas. Despois dunha xornada do venres cargada de actividades lúdicas a rebentar o sábado tivo o contrapunto máis familiar. O parque de Dona Concha abarrotouse de ducias de familias que quixeron gozar dunha cita que vai gañando en seguimento ano tras ano. A organización traballou incansablemente para que ninguén, absolutamente ninguén, quedase sen a súa ración de sardiñas “revenidas”. E as expectativas cumpríronse amplamente.
De todos xeitos non só das sardiñas viven as Revenidas e o espectáculo circense conseguiu un ano máis converterse no verdadeiro protagonista. A maxia, os malabarismos e, sobre todo, a música da terra fixeron as delicias de nenos e maiores nunha cita de tarde que trascendeu as idades e as procedencias.

polo sáhara
Como xa ben sendo habitual dende hai anos As Revenidas tamén reservou un pequeno espazo para actividades de solidaridade co pobo saharaui. Outro dos grandes acertos da edición deste ano foi a Feira Revenida que conseguiu acoller a artistas galegos de diversa índole con produtos de todas as esencias. Practicamente ninguén saiu esta fin de semana sen vestir unha camiseta das Revenidas ou algunha insignia que demostrase o sentir 100% galego.
O festival despídese hoxe cunha homenaxe aos que sempre están aí e ata o ano que vén. Cita para a que a organización empezará a traballar dende xa.

En Vilaxoán, as “revenidas” mollaron moi ben o pan

Te puede interesar