SANXENXO - Concello e Confraría rexeitan a proposta de Portos de levantar xardíns para facer aparcamento

SANXENXO - Concello e Confraría rexeitan a proposta de Portos de levantar xardíns para facer aparcamento
Sanxenxo.

Que as administracións se poñan de acordo para habilitar prazas de aparcamento na zona portuaria de Portonovo parece misión imposible.
A reunión de onte, celebrada en Santiago coa asistencia de Confraría e Concello nas dependencias de Portos de Galicia non chegou a ningún punto de encontro.
O ente autonómico puxo sobre a mesa a posible habilitación de 70 prazas de aparcamento, pero para facelas efectivas sería necesario desmontar parte da zona axardinada e de paseo que bordea o Porto.
O Concello rexeitou de plano esa proposta, e o patrón maior tampouco a respaldou. José Antonio Gómez matizou que a súa oposición a esta iniciativa é como cidadán, “porque como Confraría a nós non nos afecta en absoluto”.
Sen embargo, Gómez coincidía coa alcaldesa en que era “absurdo” desmontar unha zona axardinada e necesaria para a humanización da zona portuaria para habilitar prazas provisionais de aparcamento.
Desde Portos indican que a dotación de estacionamientos é unha competencia exclusivamente municipal, e que a súa proposta trataba de contribuir á integración do porto na vila, pero que é o único espacio que se pode destinar a ese uso. Deste xeito, desde Portos manteñen a súa postura inicial, referente a que o Plan de Usos portuario é incompatible co estacionamento no seu interior.
Os empresarios de Portonovo descoñecían onte, de xeito oficial, o acontecido na reunión polo que preferían esperar a que Portos lles comunique o resultado do encontro antes de se posicionar.
Con todo, insisten en que a falla de estacionamiento segue a ser un dos problemas máis graves que atravesa a vila e que, ainda que foi en xaneiro cando comezaban a solicitar unha solución a este grave problema, consideran que é necesario habilitar unha alternativa de xeito urxente, toda vez que o mes de xullo está xa tocando ao seu fin e en Sanxenxo restan quince días de agosto para que remate a temporada alta a nivel turístico.
Os tempos cos que se moven as administracións resultan excesivamente lentos para os empresarios locales, que esixen unha solución ao problema dos seus negocios. n

 

SANXENXO - Concello e Confraría rexeitan a proposta de Portos de levantar xardíns para facer aparcamento

Te puede interesar