A ética dos salarios... dos demáis

Queremos alcaldes e concelleiros que organicen o traballo as 8h, reciban veciños as 11h, visiten unha zona que ten problemas ás 13h, estén nunha xuntanza dunha asociación ás 18h e clausuren un curso ás 20h. O fin de semana deben estar na inauguración dunhas xornadas culturais, entregar trofeos dun torneo deportivo e, ademáis, oficiar unha boda. Pero que non cobren. Queremos xente formada e capaz, pero que deixe de progresar laboralmente para facer política. Queremos que se publiquen as débedas, as hipotecas, o saldo nas contas e se ten cadros de valor na casa. 

Debemos deixarnos de demagoxias. A existencia de erros, que os hai, non debera enturbiar unha análise argumentativa do enormísimo número de cargos públicos que non perciben ingresos polas súas tarefas en política, especialmente no eido municipal. Debe cobrar unha Alcaldesa máis que os traballadores aos que dirixe? Debe ter dereito ao paro un diputado? Son 1400€/mes un salario “para enriquecerse a costa da política”? Son preguntas que non responden os que fan discursiños demagóxicos dende as oposicións (cobrando salarios públicos, por suposto), pero que cando teñen espacio para acceder ás responsabilidades o primeiro que queren é resolver o seu. 

O político máis barato é o que resolve problemas. E ante eso vai ser difícil que teñan éxito os que confunden e embarran. Ser eficiente é a mellor maneira de demostrar o valor do cargo, porque doutra maneira só estaremos facendo o caldo gordo para quenes promovían hai non moito retirar todo salario público para cargos políticos. Cal sería o resultado? Farían política e tomarían as decisións so aqueles que teñen tanto que non necesitan traballar para pagar un alquiler a fin de mes. A política esixe o valor da honestidade, pero non debe confundirse co valor da pobreza. Contención toda, populismo ningún.

Como non todo é queixarse, vaia entón a proposta dunha regulación estatal unificada que determine un salario marcado, exacto, contabilizado a partir do número de habitantes dun Concello, o seu orzamento ou cales fosen as variables queridas. Un simple cálculo daría un resultado, e a outra cousa.

A ética dos salarios... dos demáis

Te puede interesar