Vivimos unha dictadura feminista?

Os grandes avances sociais históricos foron, fundamentalmente, loitas contra as desigualdades. Social, económica, étnica, de oportunidades… Nos recentes tempos, a desigualdade de xénero está poñendo o contador de tempo para terminar. Queda moito, moitísimo, pero non é difícil percibir que o cambio é imparable. E así debe ser.
Toda revolución histórica, esta o é, pode ser acusada de ter puntos concretos non acertados, incluso erros, defectos, problemas non ben diagnosticados. Manexados con habilidade, os erros puntuais poden frear un movemento global. Pero é unha falacia, un truco hábil, un regate corto. 
A perspectiva femenina é, probablemente, un dos elementos que máis se ten posto en dúbida. Tíldase, con contundencia, de dictadura da muller e de criminalización do home. Se conseguimos alonxarnos do detalle para observar con visión ampla poderemos ser conscientes de que poderá existir un exabrupto ou algunha desas ideas fora de lugar, pero se é verdade que existen serán mínimas e de influencia moi relativa, e por tanto merecen unha atención mínima. Non miremos ao dedo cando sinala a lúa. De percibilo así veremos, tamén, que o conxunto da reivindicación non é só certa senón imprescindible.
Valga un caso a modo de exemplo para evidenciar a necesidade deste ollar femenino. Moitas, probablemente máis que moitas, probablemente case todas as mulleres que un poida coñecer no seu entorno, teñen pasado medo algunha vez na súa vida volvendo para casa. Non nunha cidade oscura, impersoal, en lugares descoñecidos do mundo. Non. Aquí, na nosa comarca, na propia vila, incluso moi cerca da súa casa. No lugar onde creceu, onde vive. Pasará hoxe mesmo, varias veces e a moitas mulleres. Non hai dereito. Porque é posible argumentar que non teñen razóns para elo, porque non existe probabibilidade real de que ocorra nada, porque nunca pasa nada. Pero eso é, precisamente, o que podemos decir os que non pasamos medo, ese medo. Eso é o noso ollar, o de quen non o sufre. A visión dun home. Un home ve ao feminismo igual que un Rei ve unha República.
Cambiemos o foco por un momento, poñámonos no outro lugar e asumamos o cosquilleo nervioso, o frío, o móbil na man, a necesidade de apurar o paso para chegar a casa. É moi posible que non pase nada, pero de milleiros de veces que unha muller volve a casa só é preciso que a fatalidade se presente unha vez para sufrila. Por eso hai que velo dende ese punto de vista. Porque o medo non é racional, non é argumentado. É medo, é emocional, e non hai dereito a pasalo. E non se trata de defender que ser home non nos fai agresores, senón de entender que ser muller non pode facerte máis débil.
Trátase, no fin, de asumir un principio indiscutible: a igualdade entre persoas. Entre nos e tamén (por suposto) ante a lei. É preciso dotar dun ollar femenino á sociedade e á lei? Claro. Supón eso privilexiar á muller? Non. Por que? Porque ata o de agora, en nome da responsabilidade e da ponderación, en nome incluso da igualdade, moitas mulleres terminan pasando medo cando se van para casa de noite. Eu pasei medo dúas veces na miña vida na volta á casa. Dúas. Non me olvidarei nunca. Estreméceme saber que hoxe ocurrirá innumerables veces.

Vivimos unha dictadura feminista?

Te puede interesar