E luserío que non falte

POIS AJORA SI QUE chejou a Navidá. Non como en outubro, que eu xa vira turróns á venta nas tendas e aínda estabamos pola hora do verán. Dijo que chejou o Nadal porque en Cambados xa lle prenderon ao luserío todo, que me cadrou onte de velo de camiño á casa dunha amija mariscadora que vive por alí. O ensendido estivo ben, a min xa me tarda o de Vilajarsía, que menudo cono que puxeron na Praza de Galicia! Está moi de moda ajora poñer conos en lujar de árbores. A ver, bonitos son, pero xa me da que hai ata piques entre munisipios ou aljo, a ver cal é o que o ten o cono máis jrande. Jrande non sei, pero por luserío de cores e espectasión, o de Vigo jana. Aínda me puxo o outro día meu neto un vídeo deses de Internet  de cando prendeu as luses deste ano o alcalde. Mimadriña, que desplieje, que de xente! O que eu vos dija, a Navidá xa chejou, para quedar. E con ela tamén os anunsios de colonias, eses que non falten. Nin o I+D+i en turróns, que ata de albariño os vin xa nesta tempada. A ver se para o ano sacan un de tinto Barrantes, para completar a oferta comarcal. 

E luserío que non falte

Te puede interesar