Alberto Mancebo: “Quería escribir unha historia trepidante e que enganchase, que a xente colla o libro e o devore”

Natural de Vimianzo e recoñecido periodista, logra o seu primero galardón na súa aínda corta carreira literaria pero que augura un futuro prometedor
Alberto Mancebo: “Quería escribir unha historia trepidante e que enganchase, que a xente colla o libro e o devore”
O presentador da TVG, Alberto Mancebo Soto, gañador do certame Manuel Lueiro Rey coa súa novela “Indolente” | CEDIDA

Animouse a comezar coa escritura fai tan so tres anos, pero Alberto Mancebo xa pode presumir de ser o gañador da XXX edición do Premio de novela curta “Manuel Lueiro Rey” que convoca o Concello de O Grove. A súa novela “Indolente” cautivou ao xurado, que destacou a sua trama na que aborda o machismo e o cambio climático nunha agónica e inquedante historia. Mancebo, natural de Vimianzo e recoñecido periodista, logra o seu primero galardón na súa aínda corta carreira literaria pero que augura un futuro prometedor.

 

Que supón para un autor que está comezando na súa andadura, obter o Lueiro Rey? 
A verdade é que non contaba con elo pero sobretodo, a ver si se me quita un pouco o síndrome de impostor que teño dende que empecei a escribir. Teño que empezar a creerme que ao mellor si que podo ser escritor. Porque unha cousa é que escribas una noveliña, e que Xerais aposte por ti e que se venda ben, como na miña primeira novela “O que me quedaba por dicirche”, e outra cousa é que che den un premio, un xurado, cun pseudónimo... Da gusto, e ao mellor debería de creelo un pouco máis..

E por que decidiu presentar “Indolente” a este certame? 
Conocía o Lueiro Rey e se adapta á novela que tiña. Me parece que é unha historia que pode gustar e é moi transversal. Calquera persoa se pode enganchar porque todo o mundo conecta con Nora, a protagonista, como muller que vive nun mundo machista, onde reina o heteropatriarcado e é difícil ser muller, pero tamén podes conectar con outros asuntos como a preocupacipon polo cambio climático, polo territorio, pola lingua... Todas as miñas novelas están centradas na miña vila ou en cidades galegas e con elementos moi galegos. 

 

Calquera persoa se pode enganchar porque conecta con Nora, a protagonista, como muller que vive nun mundo machista e tamén pola preocupación polo cambio climático


Leva pouco tempo escribindo pero vese que funciona. 
Disfruto moito, que é o máis importante e encántame. Empecei a escribir no 2021 e non parei, xa teño acabadas catro novelas. “Indolente” é a terceira que escribin.

 

O xurado destacou a trama, que se vai atopar o lector nesta novela? 
Esta novela era como un reto de estilo para mín, de facer unha novela curta, trepidante, que enganchase e que fose de ciencia ficción, porque é un xénero que me gusta moito. Aínda que o contexto é de ciencia ficción, no sentido de que hai unha especie de apocalipse, o que se conta na historia é a loita dunha muller por intentar sobrevivir acompañada de dous personaxes egoístas machistas e bastante bruscos. Unha muller que ten que volver a casa como sexa, nun contexto de perigo. Ten que regresar a Santiago, está na zona de Negreira e ten que unir forzas con duas personaxes que detesta e se detestan, pero teñen que decidir si colaborar xuntos e chegar a Santiago ou matarse polo camiño.

 

E como foi o proceso para crear “Indolente” e acabar enganchando aos lectores? 
Foi un reto para min, porque nas miñas anteriores dúas novelas algúns amigos e familiares me decían que tardaban 30 páxinas en engancharse, asíque quixen escribir unha historia que dende o primeiro parágrafo quededes enganchados. Tardei en escribila tres meses pero foi a primeria novela á que lle dediquei moito tempo para preparala antes de poñerme a escribir.

 

Levo moi pouco tempo escribindo e non teño método, e para “Indolente” fixen un guión previo, que puntos quería tratar e a onde levar a historia e o seu estilo. O texto non ten guións, ese foi outro reto, porque parecíame máis áxil introducir as conversas das personaxes metidas no medio do texto e ao final funcionou e quedei moi contento con iso.

 

Ves o texto moi limpo e eso da axilidade. Eso era o que eu buscaba, que a xente colla o libro e o devore. Ademáis, algo que me caracteriza son os elementos de sorpresa, porque é o que me gusta a min. Eu escribo cousas que me gustaría leer, por eso neste caso hai elementos nos que dis: pero que locura é esta? 

Alberto Mancebo: “Quería escribir unha historia trepidante e que enganchase, que a xente colla o libro e o devore”

Te puede interesar