CAMBADOS - O BNG recoñece a labor do seu exalcalde Pillado na festa comarcal polo Día da Patria

CAMBADOS - O BNG recoñece a labor do seu exalcalde  Pillado na festa comarcal polo Día da Patria
Diario de Arousa-2014-07-23-011-5fd47362

O nacionalista Xoán Antonio Pillado, quen fora alcalde da capital do albariño, recibiu onte un agarimoso recoñecemento durante a festa comarcal do BNG con motivo do Día da Patria Galega. O cambadés non esperaba tal recibimento e non puido máis que agradecer unha consideración que, humildemente, declarou, non merecía. Non obstante, os seus compañeiros quixeron suliñar o seu traballo como rexedor nacionalista en Cambados coas súas verbas e aplausos.
Cerca de 300 persoas asistiron ao evento que comezou coa intervención do voceiro local, Víctor Caamaño, seguido pola deputada Montse Prado e o portavoz nacional, Xavier Vence. Tamén interviu Xoán Antonio Pillado que sempre pensou que o seu papel ía ser únicamente ese, sen sospeitar que se aproveitaría a celebración do Día da Patria para destacar a súa labor.
As intervencións pasaron por un chamamento á cidadanía en xeral para que se sume aos actos reivindicativos previstos para o día 25 en Compostela e a asumir o seu lema: “En Pé por Galiza! Soberanía, democracia, dereitos”.
Entre os asistentes había membros do BNG das diferentes localidades da comarca do Salnés que tamén puideron disfrutar dun concerto da cantante cambadesa Pauliña, que se ofreceu tras as intervencións. Tamén houbo un momento para degustar uns pinchos caseiros, elaborados polos propios militantes e simpatizantes, destacando unhas orixinais galletas aportadas pola concelleira nacionalista de Sanxenxo. n

CAMBADOS - O BNG recoñece a labor do seu exalcalde Pillado na festa comarcal polo Día da Patria

Te puede interesar