“Quero animar á xente a autoeditar en galego: hai mercado para esta escrita”

“Quero animar á xente a autoeditar en galego: hai mercado para esta escrita”
Copia de Diario de Arousa-2015-05-24-013-7d90c657

Luís Pirucha é un mozo de Portonovo pero enraizado en toda a bisbarra do Salnés. Dende hai anos ven cultivando o seu gusto pola literatura coa publicación de diferentes relatos a través de blogs especializados. Sen embargo, o mes pasado, Luís Pirucha quixo dar un paso máis e puxo na rúa “Luisteratura”, o seu primeiro traballo, do que este verán fará unha segunda edición ao ter xa agotada a primeira fornada.

Cando empezou a escribir?
Sempre fixen cousas creativas, por exemplo, antes de escribir tiven unha época na que pintaba, que era outra maneira de expresar. Pero nos últimos tres anos púxenme a escribir en serio, casi a diario.

Hubo algún momento especial no que se empezou a volcar na escrita?
Cando empecei a estudar Filoloxía Portuguesa comecei a ter máis contacto co mundo das letras, e despois, estando de Erasmus en Portugal, a partir de algunha vivencia, empecei a narrar. Esa época serviume para escribir máis.

Ten “Luisteratura” algo de autobiográfico?
Conto relatos que son ilóxicos máis algo de realidade poden ter. Mais non sempre. Hai xente que logo de leelos pregúntame si me pasou o que describo. E non.

Pero parte dalgunha vivencia?
Teñen sobre todo moito de crítica hacia a familia, a educación, ese paso pola escola cun profesorado bastante duro; ainda que tamén hai historias persoais, de amor.

Como vai estruturado este libro?
En tres partes: relatos breves, algo extensos e finalmente poesía.  A miña vida no colexio de Portonovo primeiro, no Instituto de Vilalonga despois; en Madrid e Portugal e agora en Santiago, vai salpicando detalles nas distintas historias.

Hai fio conductor?
En prinicpio non pero neso é no que se diferencia o meu estilo. Vanse identificando elementos comúns nas diferentes historias, porque todas beben do mesmo pasado.

Como se decide vostede a publicar este libro?
Xa viña de escribrir en blogs e outros foros dixitais, e ainda que internet está moi ben chegou un momento en que precisaba algo máis tanxible. O papel podelo levar contigo, é como máis persoal.

Foi fácil atopar editorial?
Imposible. ao publicar en galego xa te limitas ás cinco que hai. Contactei con elas pero as respostas que me deron foron bastante ilóxicas e centradas na falla de subvencións para a edición en galego.
Cheguei á conclusión de que non apostan pola escrita nova e menos polo tipo de textos que escribo eu.

Eso non desanima?
Inicialmente si, pero despois empecei a publicar nos blogs e vin que hai un público para o que eu escribo, que vai dos 15 aos 70 anos.

E como sacou o libro á rúa?
A través da autoedición e vin que había unha excelente resposta.Xa teño agotada a primeira edición, de 200 exemplares, e agora xa vai sair á rúa unha segunda. O seu prezo é de 4 euros e pode adquirirse a través de internet.

Por que pensa que gusta?
Porque é algo diferente. A xente dime que estaba cansa de ler o de sempre.
Moita xente que quere publicar estame preguntando cómo fixen. E esto gústame, porque quero que a xente se anime a publicar. É triste que teña que ser unha editorial a única que lle pode por solución a este tema.
 
Pero autoeditar non está ao alcance de todo o mundo
Xa o sei. Eu esperei o momento e lanceime cando tiña claro que podería mover o libro; sabía que podía recuperar a inversión. E penso que acertei.

Como deu a coñecer o seu traballo?
Utilicei moito as redes sociais pero agora quixera ampliar un pouco e nese obxetivo penso que os medios de comunicación me poden facilitar chegar a máis xente.
Gustaríalle chegar a vivir da literatura?
Vexoo imposible, sobre todo da escrita en galego. Antes cando pintaba porque me costaba desprenderme deles; cos libros pasame algo similar, ainda que un libro é so unha copia.
O que busco con esta iniciativa é que a xente se anime, porque si eu o podo facer, calquera pode escribir.
Moita xente me comenta que escribe pero que non comparte porque ten medo do que poidan opinar os demais, e os demáis son menos críticos con nós que nós mesmos.
Eu o que busco é que a xente lea o que escribo, non gañar cartos. E nese senso estou satisfeito porque creo que vou acadando o obxetivo

“Quero animar á xente a autoeditar en galego: hai mercado para esta escrita”

Te puede interesar