Veciños da Torre recollen firmas tras a ocupación e destrozos en dúas casas

Veciños da Torre recollen firmas tras a ocupación e destrozos en dúas casas
Os afectados presentaron denuncia ante a Policía Nacional de Vilagarcía | mónica ferreirós

Veciños do barrio da Torre recollen firmas tras a violenta ocupación de dúas vivendas situadas na zona de Berdón. Unha delas é a segunda casa dunha familia que reside en Barcelona, mentras que a outra pertence a un residente na zona que, ademais, vive fronte á casa que foi asaltada.


Neste último caso, incluso xa se rexistrou un altercado, xa que o dono do inmoble foi testigo do momento no que ditas persoas romperon unha das fiestras para acceder á vivenda. Antes, atopábanse de inquilinos noutro inmoble próximo pero, debido a que non pagaban o alquiler, o propietario optou por botalos.

Desplazáronse entón a outra vivenda próxima e, para acceder, rebentaron unha fiestra, según explican os veciños, que aseguran que a preocupación está moi estendida polo barrio.


De feito, o venres pola tarde-noite tivo lugar unha asamblea moi concurrida, na que os veciños mostraron non só o seu malestar, senón tamén a súa preocupación polo feito de que se produzan altercados. E que, aseguran os residentes na Torre, estas persoas que chegaron agora á zona, aos que nunca antes viran por alí, son bastante agresivos e violentos.


Por elo, a asamblea da Asociación de Veciños, que se levou a cabo na Praza de San Miguel, acordou a recollida de firmas. Foron máis dun centenar os veciños que acudiron, que agora seguirán co proceso de sumar sinaturas porta por porta.


Advertencia a zonas próximas

Mentras tanto, os veciños tamén optan por protexer as súas vivendas con alarmas, un sistema que lles supón un desembolso pero que lles permite afrontar cunha maior tranquilidade o día a día. Algúns dos que teñen familias fora, aseguran que teñen medo a irse de vacacións.


No caso do afectado pola ocupación da vivenda de Berdón, xa presentou a correspondente denuncia ante a Policía Nacional, pero os veciños lamentan a lentitude coa que se resolven este tipo de procesos.


Mentras tanto, aseguran que os imobles sufren destrozos e sinten pena polo desembolso e coidados que invertiron nas casas. “Métense na túa vivenda, cambian a pechadura e xa teñen dereitos”, lamenta un veciño de A Torre.


Ademáis, desde esta zona advirten aos barrios máis próximos de que non están libre da actuación destes individuos.


Pedirán unha maior presenza policial ante o medo a unha escalada violenta 

A primeira das medidas que adoptou a Asociación de Veciños da Torre é o envío das firmas e dun escrito, denunciando a situación, ao Concello de Vilagarcía. Son conscientes de que o alcalde, Alberto Varela, non pode solventar esta situación, pero queren que “os políticos” sexan partícipes da “indefensión” que sinten no barrio xa que, aseguran, “as leis protexen a esta xente” e non aos propietarios.


Ademais, están preocupados polo feito de que algún dos afectados acabe tomando a xustiza pola súa man, algo que desaconsellan de forma contundente. Como xa se rexistraron altercados, reclaman a Ravella que poña unha maior presencia policial pola zona, con patrullas de vez en cando en forma de advertencia.

Veciños da Torre recollen firmas tras a ocupación e destrozos en dúas casas

Te puede interesar