Barcelona és bona

Hoxe non teño o corpo para falar de nada. Ía queixarme da basura que todavía non limparan pero “lojo” chegan este tipo de noticias que che recordan, a “jolpes”, o que é verdadeiramente importante. O terrorismo deixou novas vítimas e nesta ocasión tocoulle o turno a Barcelona. É unha cidade que eu coñezo ben porque, como nunca nos sobraron os cartos, Benitiño e máis eu íamos de vacacións alá, a casa dunha prima do meu defunto. Hoxe xa non vive ela tampouco e eu acórdome de todos os momentos que pasamos xuntos, do ben que o pasamos sempre nunha cidade que é moi aberta, digan o que digan, e na que sempre me sentín ben acollida. Así quero recordar eu a Barcelona. Viva. Moi viva. Con esas Ramblas cheas de xente, cheas de sorrisos. Vai costar, pero hai que voltar a iso. Non podemos deixar que ninguén nos borre o desexo de vivir sempre libres. Xa o canta Sabina. Que os que matan, morran de medo. E que o fin de mundo, che atope bailando. Barcelona moito ánimo!

Barcelona és bona

Te puede interesar