OS CHOQUEIROS E O ENTROIDO

CON ESTE TEMPO unha xa non sabe que poñer. Se pos a chaqueta, entra a calor, se a quitas na sombra fai fresquiño. Xa parece que estou na menopausia e iso que fai anos que a pasei. O caso é que para o Entroido non sei que poñer, porque noutros anos como chovía e facía frío xa ía eu toda tapada pero este ano vou ter que ir de “enfermera sesi”, como di miña nora que non está moi a favor deses disfraces. Eu tampouco. O que está ben é o de toda a vida, ir de choqueiro, que díxome unha “amija” de Pontevedra que alá chámanlle “fachas”. Ten que haber de todo. A min o que me preocupa é que vexo moita desgana. Eu non sei se Gonzalo Durán ten pensado o disfraz, pero a min todo este tema da pedra do vial recordoume a Obélix. Falando de pedras, calquer día atopan “aljo” meu no Castro Alobre. 

OS CHOQUEIROS E O ENTROIDO

Te puede interesar