Coa música a ningunha parte

Onte pasei pola Praza de Galicia, en Vilajarcía, e había alí unha montada... Seica era o Día da Música e houbo festa, bueno festa, aquilo era un festón. Houbo música durante toda a tarde. Mira ti que ía faser un recado e eran as cinco cando chejei e marchei preto das nove da noite. E que había para todos os gustos: moderna, de pandeireta, coral... Porque non só había cousas na praza, tamén noutras rúas, vamos que montaron moi ben o chollo e ata fixen amizade cunha muller que tiña á neta alí bailando. Falando de facer boas mijas, dixéronme que o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o concelleiro de Enoturismo de Cambados, José Ramón Abal Varela, estiveron xuntos nunha presentación e tiñan moi bo rollo, como disía a miña filla cando era unha adolescente –nunha destas, hoxe nin se leva dicir isto–. O caso é que incluso van promocionar xuntos á comarca en Alemania, en Kiel. Seica hai unha feira alá e o cambadés quere presentar o programa da Cidade Europea do Viño. De feito, o rapás está que non para ultimamente e tamén os seus compañeiros de goberno. E que se trata dunha cousa moi importante, que se coñece en toda Europa. A ver se vou no autobús que creou o Concello para poder coñecer as adegas da zona de Cambados, aínda que Durán xa se me adiantou e comprou o primeiro boleto. E que me justaría telo de recordo, polo meu Benitiño, que era cambadés, xa sabedes. 

Coa música a ningunha parte

Te puede interesar