RIANXO - A Roda darase unha volta polo “miudiño”

RIANXO - A Roda darase unha volta polo “miudiño”
Diario de Arousa-2015-01-09-020-cb885a2c

Tras 38 anos pisando os escenarios do mundo, o grupo de música tradicional galega A Roda voltará mañá a Rianxo para ofrecer ás oito e media do serán no auditorio un “concerto en familia e entre amigos”, no que presentará o seu disco-libro “Unha volta de Roda, con prólogo de Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega. O que nun comezo foi un grupo de amigos que cantaban nas tabernas arredor da mesa, fixo convertir os seus temas en clásicos como “Pousa, pousa”, “O gato” e “O andar miudiño”, que xa é, por dereito, o himno oficioso do Obradoiro, facendo estremecer a quen o escoita nos prolegómenos dos partidos do equipo de baloncesto.
O alcalde rianxeiro, Adolfo Muiños, dixo desta formación musical que é “lenda viva da música galega, cun pasado esplendoroso”. Para dar conta do que se poderá vivir mañá nesta vila, falaron o baixista Alfredo Dourado e o guitarrista Manolo Dopico, de A Illa de Arousa, que recordou que a súa primeira actuación profesional foi en Rianxo, a onde se desprazou daquela en dorna nunha xornada de temporal. Este último dixo que o concerto o fai o público, e anunciou “vamos pasar lista para que cantedes vós”. Dourado recitou “teño un amor en Rianxo...” e explicou que ese é o público que os segue desde hai 4 décadas, e dixo que o libro-cd inclúe temas de sempre nunha homenaxe a toda a xente que pasou por A Roda, pero revisados cos sons actuais do grupo, “é dicir, dándolle unha volta”. Ademais, farán soar outros temas do imaxinario colectivo popular.

RIANXO - A Roda darase unha volta polo “miudiño”

Te puede interesar