O Club Ciclista Xiabre organiza o domingo 13 de xullo de 2025 a XXVIII edición da Marcha Cicloturista Arousá con saída e chegada na vila mariñeira de Carril, en Vilagarcía de Arousa. A saída é desde Carril coa súa famosa illa de Cortegada, que forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Trátase dunha ruta ciclista neutralizada de 100 km cun tramo libre de 11,3 km que inclúe a subida dende Abalo (Catoira) ata o alto da Meda no monte Xiabre.
Na edición deste ano o ascenso ao alto de Meda coincide co tramo final da Marcha e realízase pasando polo lugar de O Busto en Abalo (Catoira).
Ademais, o avituallamento intermedio da Marcha realizarase no recinto da azucreira de Portas para poñer en valor esas instalacións. A Marcha Cicloturista está aberta á participación de ciclistas maiores de 15 anos ou que os cumpran durante o ano en curso e dispoñan de licenza federativa. A saída da marcha será ás 9:15 horas dende o Pavillón Polideportivo de Carril e a hora estimada de chegada ás 13:56 horas no mesmo lugar da saída.
Utilizarase o patio do Colexio Público de Carril, que está alí mesmo onde o polideportivo, para o estacionamento dos coches e para o acto final da marcha coa entrega de trofeos e os petiscos. "Por outra banda tamén vainos acompañar Iván Raña Fuentes, deportista galego cunha dilatada carreira profesional chea de éxitos. Como el mesmo se define, triatleta profesional e Ironman. Ex Campión do Mundo, Campión de Europa e Campión de España”, explica el Club Ciclista Xiabre, organizador de la prueba.
Xunto con esta figura do deporte pedalearán un nutrido pelotón formado por 121 cicloturistas ademais das inscricións do propio día da marcha. Xusto despois de finalizar a Marcha, ás 14:00 h, realizarase o acto de recoñecemento e homenaxe a Iván Raña Fuentes coa entrega duns agasallo conmemorativos do evento. No acto estará presente unha representación da Fundación Municipal de Deportes de Vilgarcía de Arousa.