Podemos critica ao goberno polo estado da Lomba

Podemos critica ao goberno polo estado da Lomba
O terreo de xogo da Lomba destapa críticas políticas | g. salgado

Podemos vén de pronunciarse, unha vez máis, sobre o estado do céspede da Lomba e afirma que esta situación está influíndo nos resultados do Arosa. Ademais, a formación lamenta que isto estea a provocar lesións e poña en risco a integridade física das persoas dos distintos clubes que empregan o campo. Sinalan que a actuación do equipo de Alberto Varela é un “despropósito” e que deberían dar explicacións das últimas actuacións que “só reflicten improvisación e danan a imaxe de Vilagarcía”.


“A improvisación de Alberto Varela estalle a custar puntos ao Arosa”, afirma María de la O Fernández González, quen considera que o estado do céspede da Lomba está a beneficiar aos rivais facendo que “o Arosa perda o efecto positivo de xogar en casa”. Ademais, a concelleira de Podemos lamenta o dano que esta situación provoca na imaxe de Vilagarcía. “O Arosa é un embaixador de Vilagarcía, mágoa que as imaxes dunha afección que enche as gradas a cada partido vaian acompañadas das do lamentable estado do céspede”.


María de la O Fernández fala de “improvisación” do equipo de goberno, “cando os medios volven poñer o foco nos problemas do céspede, o Goberno Local anuncia a renovación da iluminación nun prazo de dous meses, pero vese que o único que lles interesaba era agochar as críticas” indica salientando que xa pasaron eses dous meses e “nin sequera comezaron a substituír as luminarias”.


Ademais, Podemos fai referencia aos tepes de céspede adquiridos durante o último mes para substituír as zonas máis danadas, pero dos que unha parte quedaron sen empregar e pide que se explique o proceso e se concrete cando se calcula que o seu conxunto estea colocado para que o campo poida volver empregarse con normalidade. Tamén insisten en que se clarifique o futuro do mantemento do mesmo e denuncian que “seguimos sen resposta sobre os pregos e a licitación do contrato do mesmo a pesar de que pedimos esta información repetidas veces.”

 

 

Selección Galega


A Selección Galega que participará en xuño na fase final da Copa das Rexións UEFA volver o martes aos adestramentos cunha sesión que terá lugar no campo das Corticeiras en Caldas. Na convocatoria do seleccionador Iván Cancela figuran catro xogadores do Arosa: Martín Sánchez, Cotilla, Iñaki e Brais Vidal.  Os rivais na fase serán Lisboa, a Bavaria (Alemania), Belgrado (Serbia), Dolny Śląsk (Polonia, vixente campión), República de Irlanda, Zenica-Doboj (Bosnia-Herzegovina) ou Zlín (República Checa). 

Podemos critica ao goberno polo estado da Lomba

Te puede interesar