O remo galego homenaxeou a Adrián Neo

O remo galego homenaxeou a Adrián Neo
Nazario recolleu nun momento de emoción e aplausos o premio ao seu irmán Adrián, mellor patrón da Liga Feminina

A Liga Galega de Traiñeiras Trofeo Xunta de Galicia pechou a tempada 2023 este domingo en Ares, pero o remo quedou nun  segundo plano porque os actos principais da xornada estiveron destinados a homenaxear a Adrián Neo, o patrón de Rianxo falecido nun accidente con tan só 12 anos. Quedará para o recordo de todos os presentes en Ares, o minuto de silencio realizado no peirao coas 25 traiñeiras da liga coas palas en alto no mar.
A homenaxe tivo lugar trala disputa da liga feminina, aínda que a competición abriuse coa segunda xornada do play off, no que Puebla acabou segundo e terá que agardar acontecementos favorables para poder manterse na liga A. Coa súa familia no palco, as 25 traiñeiras levantaron as súas palas durante un minuto de silencio, ao que moitos responderon tamén con aplausos para o patrón de Rianxo. Ao rematar, as súas compañeiras de tripulación lanzaron dúas rosas ao mar na súa honra.
Trala disputa da competición, tivo lugar o acto de clausura da Liga Galega de Traiñeiras Trofeo Xunta de Galicia. Onde se entregaron as medallas aos tres primeiros clasificados de cada liga e as bandeiras aos campións: Muros Esteirana, Ares e Chapela Wofco. Tamén se entregaron aos premios aos mellores patróns: Julia Devesa na liga B, Andrés Ríos na liga A e Adrián Neo na liga feminina. O seu irmán Nazario Neo entre a emoción e os aplausos, recolleu o premio.

O remo galego homenaxeou a Adrián Neo

Te puede interesar