Celebrouse a II Romaría Viking Rise de Xadrez 2025, encadrada na 65ª edición das festas catoirenses de Interese Turístico Internacional, organizada polo Concello de Catoira e o Club Xadrez Fontecarmoa e patrocinada por varios organismos oficiais, empresas privadas da comarca e especialmente Viking Rise que se postula como imaxe oficial para as próximas edicións da romería xadrecística na vila do Ulla. A proba, sexta no calendario do XVIII Circuito Galego Promoción, foi un éxito de participación.
No aberto senior proclamouse vikingo de ouro o xoven compostelano Sergio Calvo. Acompañárono no podio Juan Lema de Padrón e Miguel Santiago de Marín. Cuarto posto para o pontevedrés Lois Vilaboa e quinto para o xogador padrones Antonio Susavila. No apartado de veteráns triunfou Alejandro Prado, do Club Dorna da Illa de Arousa.
Co éxito da execución desta segunda edición da Romaría Viking Rise de Xadrez, a organización do Concello de Catoira e o Club Xadrez Fontecarmoa de Vilagarcía, acadan colocar o evento no horizonte autonómico como unha cita ineludible para as e os aficionados ao xadrez de Galicia. Na entrega de premios estiveron presentes distintas autoridades como Xoan Castano ou Ángel Vilas.