A XVII Festa do Deporte terá unha ampla oferta de actividades na Illa

A XVII Festa do Deporte terá unha ampla oferta de actividades na Illa
Presentación da Festa do Deporte, na que se implican os diferentes clubs da Illa de Arousa

O Concello de A Illa presentou a XVII Festa do Deporte que se vai celebrar a última semana do mes de agosto (dende o día 24 ata o 30) cunha variada programación de actividades e eventos, implicando aos clubs. Para participar é necesario inscribirse nestas actividades. O prazo ábrese o luns e remata o 16 de agosto. 


O domingo 24 será o Festival de Xadrez na Praza do Concello, organizado polo Xadrez Dorna a partir das 10 horas. O mesmo día ás 21 horas levarase a cabo a tradicional exhibición do Club de Ximnasia Rítmica, que esta vez será na Praza do Regueiro. O luns 25 o Céltiga organiza no campo de A Bouza unas sesións de principios básicos de fútbol, ás 19 horas e aberta a todo o mundo. O martes 26 ás 20 horas na praza do Regueiro será o turno do Club de Baloncesto, outra das seccións da Asociación Cultural e deportiva Dorna, que fará unha exhibición e concursos de tiro, 3x3 e xogos para todos aqueles que se animen a participar. 

 

O mércores 27 ás 16.30 horas na Praia da Canteira o clube de piragüismo poñerá as piraguas e aos monitores a disposición de todos aqueles que queiran ter experiencia con este deporte, sen límite de idade. O xoves 28 ás 12 horas haberá dornas a vela, tamén unha actividade aberta ao público. 

 

O sábado 30 pola mañá a partir das 11 horas será a marcha ciclista a pola tarde, ás 21 horas, a clausura e entrega de premios da Festa do Deporte no auditorio. Entregaranse galardóns para o deportista de base máis destacado, para a persona a quen se adica esta edición e  tamén haberá recoñecementos “tanto para as entidades que fan posible a práctica deportiva no noso concello como aos deportistas ou personaxes que traballan a reo para que todo isto sexa posible”.

A XVII Festa do Deporte terá unha ampla oferta de actividades na Illa

Te puede interesar