Móbil R lanza sen custo as chamadas 4G (VoLTE)

Móbil R lanza sen custo as chamadas 4G (VoLTE)

VoLTE (Voice over LTE_Voz sobre LTE) é a tecnoloxía que permite facer chamadas de voz utilizando a rede 4G no canto de redes tradicionais 2G ou 3G. 


Dende agora, as persoas que dispoñan de móbilR —servizo de móbil do operador galego—poderán beneficiarse deste avance co que as chamadas se estabelecen de xeito case que inmediato, con calidade de son superior e sen lle afectar á velocidade de navegación.


O servizo está incluído na tarifa de móbilR, polo que non implica custo extra ningún para a/o clienta/e.


Chamadas en alta definición (HD Voice)

A maiores desa calidade de audio superior e redución de ruído que permiten conversas máis limpas e sen interferencias, as chamadas VoLTE ofrecen maior estabilidade na comunicación, mantendo unha conexión constante, sen interrupcións e máis rápida ao iniciarse (menor tempo de espera para comezar a conversa).


Grazas a VoLTE é posible, ademais, falar e usar datos móbiles ao mesmo tempo. Navegar con 4G (apps, vídeos, redes sociais…) e manter unha conversa simultaneamente non afecta, con esta tecnoloxía, ao rendemento dos datos; e en comparación con redes 2G/3G o consumo de batería é menor.


Todo apunta, nestes momentos, á rápida expansión da tecnoloxía VoLTE porque xa hai países, como Estados Unidos, nos que empezan a apagarse as redes 2G e 3G.


Activación do servizo VoLTE con móbilR

Os/as clientes/as de móbilR que teñan tarifa de voz e datos nun terminal compatible e estean en zona de cobertura 4G poderán gozar gratuitamente deste servizo avanzado. Se o teléfono non o fai de maneira automática tan só cómpre mantermos o software actualizado e  activarmos manualmente as chamadas VoLTE ou 4G* .


*Android: [Axustes_Redes+internet (conexións)_Rede móbil ( SIM+redes móbiles)_chamadas VoLTE (ou 4G) iPhone [Axustes_Datos móbiles_Opcións_Voz e datos_VoLTE (ou 4G-5G + VoLTE)]


https://mundo-r.com/axuda-clientes/volte


VoLTE, este verán: dispoñibilidade e roaming

A tecnoloxía VoLTE é similar en territorio nacional e no estranxeiro pero a súa dispoñibilidade internacional depende do país e do operador local, pois non todos os destinos ofrecen soporte para chamadas 4G.


En servizo de itinerancia ou roaming as chamadas cúrsanse a través da rede 4G do operador do país co que R teña acordo. De aí a importancia de comprobar que as opcións de roaming e chamadas Internacionais están activadas para usarmos o servizo de móbilR correctamente fóra do territorio nacional.


A rede móbil de R evoluciona para mellorar a calidade das chamadas e permitir o uso simultáneo de voz e datos grazas á tecnoloxía VoLTE, xa dispoñible para a maior parte de clientes/as particulares. Seguimos traballando para estender esta mellora a todos os perfís, incluídos servizos específicos de empresa ou conectividade avanzada.

Móbil R lanza sen custo as chamadas 4G (VoLTE)

Te puede interesar