Paco Iglesias | “A política local é chegar a acordos. Non teño liñas vermellas, só penso en veciños”

Paco Iglesias | “A política local é chegar a acordos. Non teño liñas vermellas, só penso en veciños”
Paco Iglesias

Paco Iglesias (O Grove, 1960) é ben coñecido na vila. Cunha vida adicada ao deporte e ao mar e tras máis de vinte anos ao fronte da Cofradía grovense, decide dar un paso importante e presentarse ás eleccións municipais  polo Partido Galeguista do Grove co firme compromiso de escoitar aos veciños. Adoitado a traballar baixo presión, destaca por non perder nunca o sorriso.  

 

 

Por que se decidiu a entrar na política co Partido Galeguista?

O PG deume toda a confianza e carta branca para compoñer a miña lista, ademais de ter un ideario político que comparto ao 100 %. É o partido máis honesto e honrado e centrado na política municipal. Temos que centrarnos no que está en xogo, vamos a xogar no Grove e ver como resolvemos os problemas dos veciños.

 

Toma de exemplo a súa xestión ao fronte da Cofradía para o seu goberno na Alcaldía?

Totalmente. E especialmente na xestión dos recursos públicos. É importante conseguir que as outras administracións se impliquen para facer cousas e non endebedarse para facer un Auditorio. Cando eu cheguei á Cofradía estaba endebedada e coa miña xestión levamos a cabo importantes proxectos. Os veciños non entenden porque noutros concellos fanse máis cousas coa colaboración doutras administracións e aquí non. Levo moito tempo falando cos veciños e todos coinciden en que hai que acabar coa maioría absoluta de Cacabelos. Foi o peor mandato dos últimos anos e a oposición nestes catro anos non existiu. O goberno está en maioría pero hai un 49 % de votantes que tamén pertencemos ao Grove. Voto de menos que o alcalde non leve consigo aos líderes políticos para demandar necesidades para os veciños e facer forza. Tristemente cada político está a vender o seu produto, e ese afán de protagonismo por ser “o conseguidor”  da lugar a desentendementos.

 

Que precisa O Grove para ser “do primeiro mío”?

O primeiro que necesita é un equipo do primeiro mío, que sepa xestionar. O Grove xa o foi, e eso é o que me motivou para presentarme. No Nadal cando entraba no Grove dábame ganas de chorar. Todo pechado, mal iluminado, sen actividades programadas polo Concello... Notaba tristeza. O Grove está sucio, vese descoidado, vello... É non solo de cara ao turismo. Como veciño tamén merezo que todo esté ben, para iso pagamos impostos. Os veciños están cabreados e desesperanzados. O goberno da sensación de abandono e deixadez... A xente ten pouca esperanza de que o político que está lle resolva o problema, e asocian eso á toda a clase política, pero non é así. Eu para facer o mesmo non veño. A miña prioridade son os veciños e prometo que terán fío directo conmigo para calquera cousa.

 

 

Hai que acabar coa maioría absoluta de Cacabelos. Foi o peor mandato dos últimos anos e a oposición non existiu. Tristemente cada político    está a vender o seu produto

 

 

Cales son as prioridades que ten O Grove para o Partido Galeguista?

A prioridade é a xente, escoitar as necesidades dos nosos veciños e despois hai varios temas. Dende o Concello temos que facilitar a conciliación familiar, de pais e fillos e avós, é moi importante o centro de día e ampliar a Galiña Azul. Tamén temos un problema de accesibilidade, en oito anos o goberno socialista non fixo nada. A nivel deportivo, todas as instalacións precisan reparacións, perdéronse subvencións para o marcador e a obra do club de remo mecos é de xulgado de guardia. Un síntoma máis do abandono no que está somerxido o Concello. Aquí nadie é responsable. Para min as directivas dos clubes deportivos da vila merecen todo o recoñecemento por parte do Concello, porque aparte de darlle unha formación deportiva aos nosos fillos e netos, incúlcanlle valores como esforzo, traballo en equipo e colaborativo, e eso non hai quen o pague. Enfádame o menosprecio e a deixadez por parte do Concello e a falta de colaboración coa xente que está alí.

 

O Grove volve a afrontar uns novos comicios co PXOM sen aprobar. Que cre que fallou esta vez?

O PXOM foi unha gran fraude. Agora di Cacabelos que o Concello xa fixo todo e pásalle o balón á Xunta nos últimos meses antes das eleccións. Sempre está en confrontación coa Xunta e así nos vai aos grovenses. Eso pasa cando pensan na política xeral e esquécense dos veciños. A consecuencia de todo esto é que non temos inversión no pobo, non hai seguridade xurídica para invertir e por iso a xente non ven ao Grove e os veciños tampouco poden asentarse. O Grove perdeu máis de 500 habitantes e máis de 1.500 persoas que naceron aquí, viven fora. Non se estiveron facendo as cousas ben e temos un problema serio coa emigración da xuventude, se a situación non se revirte imos pasalo mal.

 

Estaría aberto a pactos de goberno para recuperar a Alcaldía?

A política é eso, pactos, acordos e chegar a consensos. Eu só penso en veciños. Non temos liñas vermellas. Na política local prima a sensatez, o sentido común e o ben dos veciños. Para min as persoas son o máis importante, precisan ser escoitadas e que atendan ás súas necesidades. 

 

Xacobe Barral Otero, “o rexurdir do PG”

O candidato elixe como persoeiro destacable a Xacobe Barral Otero, derradeiro alcalde da República en 1936, e presidente de Honra do Partido Galeguista do Grove. Na imaxe, sentado no centro xunto con Carlos Prieto, Francisco López “Chesqui” e Ramón Martínez López. “No Grove sempre tivo unha importancia moi notable o galeguismo e o PG”. “Foi un partido moi maltratado que representaba á parte máis activa da cultura. Eran intelectuais, e debido a iso foron castigados, moitos asasinados e outros que tiveron que optar polo exilio”.
 

 

[... e mañá nesta páxina electoral, os candidatos que se presentan á Alcaldía de Cuntis]

 

Paco Iglesias | “A política local é chegar a acordos. Non teño liñas vermellas, só penso en veciños”

Te puede interesar