Pose apela a "traballar desde xa", Bayón e Correa vense fortes na comarca e Hermida pon a vista nas galegas

Pose apela a "traballar desde xa", Bayón e Correa vense fortes na comarca e Hermida pon a vista nas galegas
Resultados das mesas de Vilagarcía

Os resultados nas Eleccións Xerais deixaron bo sabor de boca nos catro candidatos da comarca das principais formacións que concurreron. Juan Andrés Bayón, do Partido Popular, destaca os resultados da súa formación a nivel local e comarcal, ao igual que fai Duarte Correa, do BNG, que tamén incide no incremento a nivel autonómico. Modesto Pose, do PSOE, incide na capacidade socialista para chegar a acordos mentres que Verónica Hermida, de Sumar, xa ten a vista posta na  cita autonómica.
 

Tras unha noite na que o Partido Popular foi a forza máis votada pero as cifras non lle dan para gobernar con Vox, a análise que fan desde as diferentes forzas tamén ten en conta este escenario de incerteza. “O PP, pola súa forma de gobernar, non ten posibilidade de pactar con ninguén”, sinala Pose, que destaca que, fronte a isto, o PSOE ten “máis capacidade para chegar a acordos”.
 

“Estamos moi satisfeitas porque, tras unha campaña na que partíamos dunha situación desfavorable para o partido, hoxe somos quen de revalidar o goberno de coalición”, destaca Verónica Hermida, de Sumar, que incide en que la coalición de esquerdas era “o primeiro obxectivo, ademais de evitar un goberno da dereita e a ultradereita”, polo que “hoxe Galicia, España e Europa respiran máis tranquilas”.
 

 

Escenario de incerteza

Distinta opinión ten o candidato do Partido Popular, Juan Bayón, que ve posibilidades dun “goberno de Núñez Feijóo, unha persoa moi preparada para chegar a acordos”. Iso si, recoñece o conservador “se non hai intereses nacionalistas que se aparten do interese xeral de España”, que considera que abriría as portas a unha repetición das eleccións. “É un escenario moi incerto”, sinala  Bayón.
Para o nacionalista Duarte Correa o escenario non está exento de dificultades. “Parouse á dereita e á extrema dereita, pero se abre un período complexo”, asegura o candidato do BNG, que destaca que o voto da súa formación “pode ser definitivo” para frear o goberno de Feijóo e Abascal, pero tamén para “defender os intereses de Galicia”. 
 

PP e BNG coinciden á hora de destacar o incremento de votos con respecto ás anteriores eleccións en toda Galicia. Pese ás 31.000 papeletas máis, o nacionalista recoñece que “non cumprimos o obxectivo de aumentar a presencia en Madrid”, di Duarte, que está satisfeito cos resultados na comarca.
 

Para Bayón, os máis de 8.700 votos do Partido Popular, tres mil máis que na anterior cita, son unha mostra da “escalada” e a “consolidación” do proxecto. “Subimos con respecto ás municipais”, sinala o que era o candidato con menos idade da comarca. Duarte incide nos bos resultados pese a escasa difusión mediática das propostas en clave galega e Pose apunta aos bos resultados pese as enquisas. “Non se pode vender a pel do oso antes de cazalo, porque logo están tristes”, apunta o socialista. O candidato do puño e da rosa, o único que accede directamente ao Congreso tras a noite do domingo. No caso de Sumar, Verónica Hermida destaca que era a primeira cita coas urnas para a coalición de esquerdas, que logrou ser a terceira forza, tamén en Galicia, conseguindo  sendas deputadas por Pontevedra e A Coruña. “Agora estamos con maior disposición, unha vez evitado ese goberno de dereitas, de ser parte importante nas próximas autonómicas para impedir un goberno dos herdeiros de Feijóo, como Alfonso Rueda”..

Pose apela a "traballar desde xa", Bayón e Correa vense fortes na comarca e Hermida pon a vista nas galegas

Te puede interesar