O influencer e creador de contido Marío Brión, máis coñecido nas redes como olaxonmario, saleu este sábado triunfador do premio de Calidade Lingüística na gala das Youtubeiras, procecto organizado polos servizos de normalización lingüística de nove concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación en galego no YouTube. O boirense xa se alzara en 2021 cos galardóns de mellor youtuber do ano e ao mellor vídeo por “Por que é que non entendo o Portugués? Co Portuguese With Leo”.
Na gala, conducida por Nuria Vil e Gabri Fuentes e que contou coa actuación de Mondra, entregáronse un total de oito categorías, todas elas acompañadas cunha dotación económica de mil euros, agás o premio do público, que conta con 500 euros.
No caso do boirense, o xurado recoñeceu na acta a súa “capacidade de difusión” e a súa “conexión coa lusofonía. Así mesmo, tamén valorou “o coidado da lingua” e “a conservación dos trazos dialectais”. O resto das canles recoñecidas foron OU Ké!, Recuncho Gamer, O faiado Podcast, FicaCoabola e Youtube en Galego, mentres que o mellor vídeo foi a parar a unha peza da canle todomalva Gz: “Unha fin de semana en Londres”.