O curso de intelixencia artificial triunfa na Pobra e cubre todas as prazas dispoñibles

A formación retomarase o próximo 28 de xullo con programas de asistencia e programación na ofimática
O curso de intelixencia artificial triunfa na Pobra e cubre todas as prazas dispoñibles
Cedida

O Concello da Pobra concluíu onte a primeira semana de formación do curso de intelixencia artificial organizado desde a Concellería de Mocidade. O programa formativo, que se retomará o próximo 28 de xullo, logrou cubriu todas as prazas dispoñibles demostrando así un éxito claro na localidade.


Nas primeiras leccións fíxose unha introdución á intelixencia artificial e abordáronse as ferramentas de IA baseadas en texto. Nas seguintes, o alumnado aprenderá a usar programas de asistencia e programación na ofimática. Ademais, coñecerá aspectos sociais e éticos da IA.


O doutor en Matemáticas da USC Ramón Barral é o responsable da formación, xa que conta cunha ampla traxectoria docente en España e mesmo Xapón.


As sesións da vindeira semana desenvolveranse entre o luns, 28 de xullo, e o xoves 31, de 11 a 13 horas, na Casa da Mocidade. 

O curso de intelixencia artificial triunfa na Pobra e cubre todas as prazas dispoñibles

Te puede interesar