A actriz e dramaturga Esther Carrodeguas está a ser profeta na súa terra e onte afondou aínda máis nese logro ao converterse na pregoeira da Feira do Libro de Rianxo -localidade na que se sente querida- e que se inaugurou onte e que conta coa participación de once librarías noutras tantas casetas, así como múltiples actividades complementarias. Durante dez minutos repasou a súa vida de rianxeira desde os tres anos en que aprendeu a ler coa súa mestra Dori Mari. Recordou que como agasallo para a súa Primeira Comunión pediu un diario que veu “na de Sarita” en lugar de atender a quenes lle suxerían algo de valor, pero ela o quería escribir.
Carrodeguas referiu as súas orixes como lectora e escritora sendo a socia número 248 da biblioteca municipal, onde se sentía coma no paraíso. Esa paixón súa pola escrita a desenvolveu na súa adolescencia, pero nunca a difundía nin llelo dicía á xente. Tal foi así que a moita xente lle sorprendeu cando no 2006 convertiuse con “Subir o telón” na gañadora da 32ª edición do certame Modesto Figueiredo de narracións breves convocado polo Pedrón de Ouro. “Foi premonitorio do que logo sería o meu futuro, pois entrei en Teatro Airiños, onde me desenvolvín creativa e persoalmente”, subliñou.
Pola súa banda, no acto inaugural tamén interviron o alcalde rianxeiro, Julián Bustelo: la representante de la Federación de Librarias, Celia Liliana Alfaya, y el director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. salientou a boa acollida destas feiras por parte da cidadanía, que aproveita para coñecer e adquirir novidades. “Convido a todo o mundo a achegarse ata esta Praza de Castelao para gozar da literatura e dos plans culturais organizados ao abeiro desta iniciativa ata o sábado”, sinalou. Neste senso, o representante do Executivo galego agradeceu o traballo de todos os axentes implicados nesta cita e explicou que, en total, celebraranse máis de 40 actividades. “Inclúense desde presentacións, ata actividades infantís, obradoiros, recitais ou sinaturas de libros” indicou antes de engadir que se contará coa participación dunha vintena de escritores. Tamén explicou que A Feira do Libro inclúese na campaña CulturON, o programa impulsado pola Xunta de Galicia que promove máis de 30 actividades culturais diarias ao longo deste verán.
Na xornada de hoxe, en que feira abrirá as súas portas de 12.00 a 14.30 e de 18.30 a 22.30, na carpa de actividades desenvolverase unha representación de teatro infantil (19.30) na que Pedras de Cartón representará a obra "Moby Dick", mentres que unha hora despois terá lugar a presentación de "Aqueles corpos nosos" de Adrián Gómez Ramos, e por último, as nove e media da noite se presentará "O mal do aire" de Maite Mosconi, que estará acompañada da escritora Marián Beizana. Pola súa banda, nas casetas literarias estarán as doce do mediodía Alba López Paredes firmando "Nandinor" e o resto da súa obra en A gata tola -volverá pola tarde-, Zhienia Maisak hará lo propio con "Gogobán y la pulsera misteriosa na de Cándido, e Rosa Suárez asinará "A miña vida noutro lugar" na de Xacobiño. E dende as seis e media da tarde estarán Carlos Fernández na caseta de Uróboros firmando "50 lugares sagrados" e "Compostela mágica", Juan Galán na de C´ndido asinando "El eco de tuvoz" e "Las tribulaciones de Bruno Lamas", Miriam Beizana na de Xacobiño para asinar "A soidade das nenas".