Ferido un home ao precipitarse desde un tellado tras ceder unha uralita en Aguiño, en Ribeira

Ferido un home ao precipitarse desde un tellado tras ceder unha uralita en Aguiño, en Ribeira
Unha ambulancia asistencial do 061 con base en Boiro desprazouse ata Aguiño para atender un aviso dun precipitado desde un tellado, ao que logo evacuou ao Hospital do Barbanza I Chechu Río

Un home de 47 anos, veciño de Boiro, resultou ferido pasada a unha desta tarde nun accidente laboral ao caer dende o tellado dun galpón, situado a unha altura aproximada duns dous metros, e bater contra o chan no casco urbano de Aguiño, concretamente nun domicilio situado na Rúa Vella, que é perpendicular á Avenida Francisco Lorenzo Mariño. Ao parecer, esa persoa atopábase pintando na casa dun familiar e, nun momento dado, cedeu unha uralita do tellado, sobre o que tamén había instalado un andamio de obra, e precipitouse ao vacío, golpeándose a continuación contra o chan. 

 

Un particular contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, desde donde se puxeron os feitos en coñecemento da Policía Local de Ribeira e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde donde se movilizou una ambulancia de Soporte Vital Básico (SVB), con base en Boiro, e tamén ao helicóptero medicalizado H3 con base en Santiago de Compostela.

 

 Tamén desprazouse nun taxi o equipo médico do Punto de Atención Continuada (PAC) de Ribeira que, tras evaluar o estado do ferido, e comprobar que non revestía demasiada gravidade, procedeu a anular os servizos da aeronave, que estivo sobrevoando a zona durante uns instantes, pero non chegou a tomar terra. A víctima foi inmovilizada e introducida no vehículo asistencial para, seguidamente, procederse á súa evacuación á área de Urxencias do Hospital do Barbanza.

Ferido un home ao precipitarse desde un tellado tras ceder unha uralita en Aguiño, en Ribeira

Te puede interesar