A Fiscalía solicita xuízo oral para un home acusado de agredir á súa parella en Ribeira

O acusado enfrentarase a cinco anos de prisión por un delito de lesións e unha indemnización de case 2.000 euros
A Fiscalía solicita xuízo oral para un home acusado de agredir á súa parella en Ribeira
Tamén se pedirá no xuízo a prohibición de achegarse á víctima | Cedida

O Ministerio Fiscal solicita a apertura de xuízo oral contra un home acusado dun delito de lesións graves, ocorrido en Ribeira, cando, según a Fiscalía, tras unha discusión coa súa parella, a agrediu causándolle golpes na cara, a perda dun dente, feridas no beizo, e contusións nunha boneca.


Os feitos considéranse un delito de lesións e aplícase a agravante de parentesco. Por todo, o Fiscal pide cinco anos de prisión, así como a prohibición de achegarse ou comunicarse coa víctima durante cinco anos, tamén a prohibición de ter armas durante catro anos e unha indemnización de máis de 1.800 euros polos danos. O caso será xulgado pola Audiencia Provincial da Coruña.
 

 

Venta de drogas en Boiro 

A Fiscalía solicita tamén a apertura de xuízo oral contra un acusado por venta de drogas ao por menor en locais de ocio e no seu domicilio no concello de Boiro. Foi interceptado pola Garda Civil nun bar facendo un intercambio de cocaína. 


Nese momento atopáronlle 13 doses preparadas e 105 euros. Tras rexistrar a súa vivenda, atopáronse máis substancias, entre elas cocaína, LSD, MDMA ou cannabis, e útiles para a venda, así como 1.270 euros. O valor da droga no mercado ilícito ascende a 11.339,26 euros.


O acusado está en prisión provisional dende outubro de 2024 cando foi interceptado e os feitos constitúen un delito contra a saúde pública con agravante de reincidencia, polo que a Fiscalía solicita cinco anos de prisión, inhabilitación, unha multa de 34.017,78 euros e o pago dos gastos xerados polo proceso xudicial.

 

Acusado por roubos en Ribeira

Finalmente, solicitan tamén xuízo oral por un intento de roubo nunha vivenda de Ribeira na que o acusado rompeu un cristal e tentou levar unha bicicleta e comida. Tamén roubou ferramentas nunha obra e rexístrase un caso de roubo con intimidación nun supermercado. Pídense cinco anos e 3 meses de prisión, máis indemnizacións polos danos.

A Fiscalía solicita xuízo oral para un home acusado de agredir á súa parella en Ribeira

Te puede interesar