Mateo Vázquez: “Sentín algo moi especial. Morría de alegría”

Mateo Vázquez: “Sentín algo moi especial. Morría de alegría”
Mateo Vázquez subirase mañá ao mediodía ao campanario da Concatedral Basílica de Vigo para celebrar a declaración de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade I Cedida

Mateo Vázquez Ares, que hai un par de meses cumpriu 16 anos e ten vencellos familiares no Barbanza -súa nai é de Posmarcos e o seu pai de Cespón-, aínda que naceu en Vigo, onde os seus pais estaban por motivos laborais e de estudos, é un dos poucos campaneiros que aínda quedan en Galicia, e posiblemente sexa o máis novo de todos. A declaración pola Unesco do toque manual de campás como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade foi unha das noticias que máis satisfacción lle causaron na súa vida.


¿Como te enteraches da confirmación desa declaración?

Eran sobre as catro da tarde deste mércores e estaba liado facendo uns exercicios dos meus estudos de 1º de Bacharelato de Ciencias Biolóxicas no IES Politécnico de Vigo, pero estaba á expectativa dese facía tempo sobre o que podería pasar. A través do teléfono me enterei que estaban votando a nosa candidatura, e entrei no enlace da canal de Youtube da Unesco para seguir a retransmisión en directo. Previamente, estaba informado de que había moitas posibilidades de obtener esa declaración pois cumpría os requisitos. Cando a aceptaron, sentín algo moi especial. Morría da alegría. Despois de moitos anos en que tiñamos este proxecto en mente e facendo ruido para que a Unesco se interesase, é un orgullo que ao final se conseguise.


¿Desde cando te veu a o gusto e a afeción por tocar ás campás?

Desde que teño uso de razón, non sei por que, sempre me gustaron as campás. Polo visto, e segundo me contan os meus pais, sendo recén nacido eles me poñían videos de campás en YouTube e se alguén mos quería quitar eu choraba, pois non quería que mos sacaran. Creo que debe ser algo innato ou que se me quedase na cabeza da primeira vez que o escoitei e logo xa non se me salía.


¿Recordas cando foi a primeira vez que repinicaches cas campás?

Foi o último sábado de maio de 2017, coincidindo coa celebración da festa do Sagrado Corazón de Xesús en Santiago de Lampón, e decateime de que o campaneiro da parroquia non estaba, polo que fun a preguntarlle ao cura, Don Marcelino Sánchez, se non iba a estar Angelito e me respostou que non, polo que me aventurei a dicirlle se podía repinicar eu, a ver que tal me saía. Él preguntoume se sabía e lle dixen que si, que despois de tantos anos algo se me quedaba, pois desde facía tres anos eu xa lle daba á campá pequena, mentres Angelito o facía coas dúas grandes. Como me saiu ben, logo foron chegando outras, como a de San Isidoro de Posmarcos, e Isorna, Leiro e Asados, parroquias que lle foron tocando a Don Marcelino ante a falta de curas. E logo atrevinme coas campás da Concatedral de Vigo. Síntome moi satisfeito de colaborar a fomentar que non se perdera esta linguaxe.


¿Podería entenderse o toque manual de campás como unha forma de comunicación?

É unha forma de comunicación universal con séculos de antigüidade e, aínda que se mecanizou moito desde hai unhas décadas, segue moi viva en moitos sitios de España. Hai unha trintena de modos diferentes de tocar as campás. Co repicado rápido e alegre se informa da celebración de festas, o toque arrebato advirte de incendios, inundacións e outros sucesos e o dobrar lento é polos mortos, soando incluso diferente de se era home, muller ou neno. Pero antigamente tamén se comunicaban os nacementos e outros eventos. Eu tocó con ritmos de muiñeira, xora, vals e algún compás de catro pulsos, entre outros, como podés comprobar na Mila canle de YouTube, Campanero del Barbanza. Mañá ao mediodía soarán repiques na maioría dos campanarios de España para celebrar la declaración recibida de Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, e eu fareino desde a Concatedral Basílica de Vigo.


¿Como te reciben nos sitios aos que vas a tocar as campás?

En todos os sitios nos que quixen tocar aceptáronme moi ben tanto os párrocos, sacristáns e xente de a pe das parroquias. O seu trato foi sempre magnífico e incluso me deron algún agasallo. Eu o fago desinteresadamente, aínda que a veces danme algo. Gústanme os cariños, aínda que o que máis me satisfai é que me dean as grazas, e o fan sempre. Así da gusto ir aos sitios a tocar as campás. Ademais, para min foi un descubrimento magnífico coñecer á boa xente cando fun a sitios incluso nos que non estivera nunca antes ou o fixera poucas veces.


¿Que pasos destes recentemente e que proxectos tes por diante?

Pouco antes do pasado verán fun, xunto con José Andrés Barreiro Garrido, de Dodro, un dos impulsores da Asociación Cultural de Campaneiros de Galicia, da que formamos parte unha vintena de persoas, pero él, ao ser o maior, levou as rendas das xestións. Hai un par de meses me contactaron na parroquia de Santa María Adina, en Portonovo, para tocar nas festas de San Miguel e tamén o fixeron desde Ortigueira para máis adiante. Un dos meus proxectos é tocar algún día as campás de Ribeira, nas festas de Santa Uxía, pero aínda non llelo propuxen ao párroco. E estou á espera de poder estrearme en Santa María do Xobre, Santiago do Deán e Santa Cruz de Lesón, pero xa Telo permiso e non hei de tardar moito en facelo.


¿Pensas que podes vivir desto?

Se puidera vivir de tocar as campás, claramente que o faría porque me gusta moito e se me da bastante ben, pero hoxendía parece algo complicadísimo e hai que ter un traballo a maiores. A min me gustan a Bioloxía e a Fisioterapia, e teño moi claro que vou ser fisioterapeuta.

Mateo Vázquez: “Sentín algo moi especial. Morría de alegría”

Te puede interesar