A oposición de Ribeira rexeita o regulamento e ordenanza dos prezos do parking do Centenario por non ser urxente

A oposición de Ribeira rexeita o regulamento e ordenanza dos prezos do parking do Centenario por non ser urxente
O pleno da corporación municipal de Ribeira gardou un minuto de silencio na memoria de Manuel Ayaso, fillo predilecto da cidade I Chechu Río

Os once concelleiros que integran os catro grupos da oposición na corporación municipal de Ribeira votaron en contra das aprobacións iniciais da ordenanza reguladora do prezo público do parking subterráneo municipal da Praza do Centenario e do regulamento de réxime interno de dito aparcadoiro. O fixeron despois de que, cos votos favorables do PP e BNG, a abstención do PBBI e en contra do PSOE e SR saíse adiante de maneira definitiva a memoria de municipalización de dito aparcamento. O alcalde, Manuel Ruiz, xustiticou a urxencia para aprobar eses documentos para expoñelos ao público durante 30 días e gañar tempo para rescatar ese parking “como nolo reclaman a administración concursal e a concesionaria”, e engadiu que sería por unha cantidade “pouco significativa”, respecto aos 6 millóns que custou construilo. A oposición dixo que non había tal urxencia para aprobar eses documentos e que pódese agardar á vindeira corporación e reprochoulle que esa premura do alcalde tiña un carácter “eleitoral” e que convocase un pleno en campaña, xa que indicaron que, pese a que pode facerse, vai en contra da costume de non facelo.


Antes do pleno, o alcalde leu unha declaración institucional polo pasamento de Manuel Ayaso, fillo predilecto de Ribeira e un dos artistas máis sobranceiros de España, “e que supuxo unha inmensa perda no persoal e no institucional”. Transmitiu o máis sinceiro pesar aos familiares, amigos, veciños e foráneos en xeral que se sentiron cautivados por este creador universal, posuidor dun estilo único e inconfundible só a altura dos grandes mestres como Goya ou Picasso, o que o fixo merecedor de innumerables distincións. Tras indicar que na Praza do Concello quedará para sempre a escultura en bronce coa súa efixie, que contén os versos dunha canción de berce que Ayaso lle dedicou á súa dona, Lucía -“si queres que brille a lúa pecha os ollos, meu amor’e, que mentras os tes abertos a lúa pensa que hai sol’e”-, e de dicir “de Aguiño ao ceo. Descanse en paz, querido Manolo”-, a corporación gardou un minuto de silencio e da fachada consistorial pende un crespón negro na súa memoria.

 

Os restos mosrtais de Manuel Ayaso están a ser velados desde primeira hora desta tarde no Tanatorio de Ribeira, en Xarás, xestionado pola empresa Pompas Fúnebres del Noroeste. Está previsto que en torno ás cinco y media de la tarde de mañana, día 17 de maio, teña lugar nesas instalaciones funerarias unha homenaxe na que participarán Esperanza Mara e Eva Veiga, e unha hora despois procederase ao enterro no cemiterio municipal de Ribeira -a saída do féretro do tanatorio será en torno as seis e cuarto da tarde para dirixirse cara á necrópole-, mentres que o funeral oficiarse ao día seguinte, xoves 18 de maio, a partir das sete y media do serán, na igrexa parroquial de Santa Uxía.

A oposición de Ribeira rexeita o regulamento e ordenanza dos prezos do parking do Centenario por non ser urxente

Te puede interesar