Óscar Díaz Otero, ecobrigada de Amicos dende setembro | “Quero ser como todos, ter un traballo e sentirme realizado”

Óscar Díaz Otero ten 24 anos e diagnóstico de Asperger. Dende setembro está nas Ecobrigadas de Amigos
Óscar Díaz Otero, ecobrigada de Amicos dende setembro  | “Quero ser como todos, ter un traballo e sentirme realizado”
Óscar Díaz desenvolvendo o seu labor nas Ecobrigadas de Amicos | Cedida

Óscar Díaz Otero ten 24 anos e diagnóstico de Asperger. Dende setembro está nas Ecobrigadas de Amigos

 

Como foi a túa infancia? Como viviches a etapa escolar?
Foi complicado. Houbo incomprensión por parte dos profesores e sufrín bulling por parte dos meus compañeiros. E queiras que non, o que se vive no colexio cámbiate un pouco, pero saes adiante. O apoio da miña familia foi constante.

 

Acórdaste de cando fuches diagnosticado? Como foi o proceso?
(Fala Rodrigo, pai de Óscar) De pequeno, cuns cinco aniños, había comportamentos na casa que non nos coincidían coas reaccións que entraban dentro do normal. E coincidiu que dende o colexio enviaron uns folletos informativos sobre o trastorno do espectro autista, e cando os lemos vimos que había patróns que se correspondían co que lle pasaba a Óscar. A partir dese momento empezamos a consultar, a informarnos. Por mediación dun cuñado meu que traballaba no Hospital Xeral faláronnos dun gabinete especializado en Pontevedra. Alí fixéronlle unhas probas e confirmáronnos que tiña TEA, en concreto síndrome de Asperger. Comezou a recibir terapia alí, e despois pasou por outros dous gabinetes máis, o que unido ao traballo na casa, permitiu que se fora normalizando. Ademais, a el contámoslle o que pasaba dende o primeiro momento, para darlle respostas.

 

Ás veces, temos a visión que nos da o cine. Pero como é realmente o día a día dunha persoa con Asperger?
Pois o día a día é como o de calquera outra persoa, pero convivindo con certas particularidades. Por exemplo, non soportamos os sons moi fortes. Eu acórdome que de pequeno poñíame moi nervioso con ruídos como os dos petardos ou dos lumes artificiais, e algo que notei na adolescencia era que cando gritaba algún profesor eu reaccionaba peor que os meus compañeiros. Tamén nos costa socializar, é un dos maiores retos que vivimos.

 

Traballaches nalgún sitio? E que tal foi? Notaches se no ambiente laboral che trataban de diferente maneira?
Fixera prácticas de xardinaría no Concello de Moaña, e cos compañeiros ben, foron moi empáticos. Tamén estiven nun centro de lavado de coches, e si que notaba que o trato era máis estereotipado e paternalista, e iso é porque aínda hai moito descoñecemento en pleno século XXI sobre que é o TEA.


Que pensas que deberiamos modificar como sociedade?
Creo que todos deberiamos molestarnos en coñecernos e poñernos no lugar dos demais, porque é moi fácil prexulgar sen ter información. Cada persoa é única.

 

Como comezou a túa relación con Amicos? Quen contactou con quen?
Ao rematar o graduado escolar púxenme a enviar currículos, pero sen éxito porque ou me daban largas ou rexeitaban a contratación. Entón meu pai descubriu a asociación nun foro, chamou por teléfono para informarse, e aí empezou todo. Comecei nas Ecobrigadas no mes de setembro.


Cales son os teus obxectivos laborais?
Quero ser como calquera outra persoa. Ter un traballo, sentirme realizado e ser autónomo, e para iso é moi importante a independencia económica. Isto lévame a ser moi autoesixente, e a xardinería gústame especialmente, polo que tamén me fai sentir pleno.

 

Que fas nas Ecobrigadas? Gústache o que fas?
Dende pequeno gústame moito estar en contacto coa natureza. O que máis me gusta é, sen dúbida, manexar a rozadora. Por outra banda, eu teño un pouco de torpeza motora, polo que non adoito realizar tarefas que impliquen estar en zonas altas, porque gardar ben o equilibrio é complicado. Rozamos e facemos alcorques, que son buracos que se fan ao pé das árbores para controlar a auga dos regadíos. Tamén realizamos mantemento de fincas, eliminación das especies invasoras, e queimas controladas de rastrollos.

 

E un pouco da súa experiencia co equipo de orientación laboral de Amicos. En que te axudan, como te orientan, que cousas descubriches co seu apoio...
Pois o equipo adáptase moi ben ás necesidades especiais de todo o abanico de persoas que estamos en contacto con eles. O que buscan é principalmente que teñamos máis autonomía y axudarnos a buscar opcións de futuro. 

 

 

Miguel Beiro, responsable da área de Alianzas con Persoas e Empresas | “En Amicos temos un servizo integral de búsqueda de emprego”

Como é o proceso da busca de emprego dunha persoa cunha dispacidade, como pode ser o espectro autista/asperger?
O proceso é idéntico ao de calquera outra persoa. Sempre partimos dunha análise competencial e situacional de todas e cada unha das persoas que acoden ó noso servicio. Todas presentan unha situación inicial 
concreta.

 

Dende Amicos cales son os puntos nos que incidides e as pautas que seguides para estos programas de emprego como son os equipos das Ecobrigadas?
Todos os profesionais que traballamos en Amicos temos claro que, calquera que sexa a nosa función 
específica dentro do equipo, somo apoios para as persoas con discapacidade. E nas Ecobrigadas, os 
capataces que están á fronte dos equipos, tamén son conscientes. Neste sentido, teñen que coñecer a 
cada un dos integrantes e tratar de personalizar, na medida do posible, os estilos de comunicación e a 
maneira de lideralos. As persoas con TEA necesitan unha comunicación moi clara e literal das tarefas, e 
reforzo positivo constante. Pero, unha vez máis, nada que non necesitemos cada un de nós.

 

Qué desafíos teñen as persoas con TEA para desempeñar as funcións diarias que se requiren nun 
posto de traballo?
O desafío fundamental é adquirir toda a serie de conductas e rutinas que se teñen que establecer en torno ó desempeño dun posto de traballo. Dende as conductas transversais relacionadas co desempeño 
contextual (puntualidade, comunicación, relación cos compañeiros, traballo en equipo...), como as tarefas propias do desempeño do traballo, que son as específicas de cada posto. Integrar e incorporar estas rutinas á vida diaria de cada persoa require un proceso de adaptación. A duración de este proceso é 
determinante no éxito do mesmo, polo que facer que a duración de ese proceso sexa compatible cos 
tempos das empresas e da produción é o gran desafío.

 

E unha vez rematan estos programas?
Son totalmente capaces de traballar en empresas ordinarias e desempeñando diversas tarefas, coa única 
salvedade dun apoio máis constante. O nivel de apoio e a intensidade do mesmo virá determinada polas 
variables persoais e as relacionadas coa tarefa. Dende a nosa área temos exemplos de persoas 
traballando como capataces en xardinería, en procesos industriais, ou como técnicos informáticos. A nosa experiencia dinos, e está en consonancia coa teoría clínica, que tarefas de corte repetitivo e con pouca 
interacción social son nas que mellor se desenvolven as persoas con tea, pero esto non pode facernos 
optar solo por estas posicións.

 

Que apoios ofrece Amicos en todo o proceso da busca de emprego (orientación laboral, preparación entrevistas, ferramentas...)?
Amicos conta neste momentos cun equipo de 15 profesionais na área de Alianzas con Persoas e Empresas. Dende esta área ofrecemos un servizo integral na búsqueda de emprego. Traballamos na activación das 
persoas, na motivación, na orientación, na necesidade de modificar os roles pasando de ser pasivo a activo na búsqueda de emprego. Tamén ofrecemos distintas opcións formativas para poder incrementar as 
competencias das persoas e que lles permitan acceder ó mercado laboral ordinario. Paralelamente temos contactos con empresas para saber cales son as súas necesidade. En 2024, prestamos apoio a máis de 
1500 persoas, logrando máis de 400 insercións e máis de 900 persoas participaron en algún curso de 
formación. Queda camiño por recorrer pero seguiremos na tarefa.

 

As persoas con autismo sofren unha fenda laboral grande, dende Amicos traballades tamén coas 
empresas na sensibilización e a non discriminación no ámbito laboral?
Debemos entender as realidades das empresas e o seu propósito e tamén debemos entender as persoas e as súas necesidade. Se conseguimos isto poderemos ir facendo que o espazo de encontro sexa cada vez maior. Temos que saber escoitar a ambas parte e crear as sinerxías necesarias para que haxa un lugar 
común onde conflúan os intereses de todas as partes. Nós traballamos coas empresas na creación destes 
lugares de encontro tratando de entendelas e facéndolles ver como as persoas con discapacidade poden axudar a crear un entorno laboral máis enriquecedor. 

Óscar Díaz Otero, ecobrigada de Amicos dende setembro | “Quero ser como todos, ter un traballo e sentirme realizado”

Te puede interesar