Os traballadores da Autovía do Barbanza denuncian o rescate da Xunta por deixar fóra parte do persoal

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia ten suspendida a licitación de maneira cautelar e está á espera de resolver o recurso dos traballadores
Os traballadores da Autovía do Barbanza denuncian o rescate da Xunta por deixar fóra parte do persoal
Autovía do Barbanza | Cedida

Os traballadores da AG-11, a Autovía de O Barbanza, alertan de que a nova licitación da Xunta de Galicia para o mantemento das autovías rescatadas exclúe a parte do persoal actual. Segundo explica una das implicadas, dos 15 traballadores que prestan servizo no Barbanza, “hai 5 que xa non aparecemos nos pregos, e entendemos que non nos queren subrogar”.


A empregada denuncia que, malia que a Xunta anunciara en xaneiro a subrogación de todo o persoal, “os pregos non están claros e agora hai postos que desapareceron”. Tamén critica que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) asumiu os medios técnicos, pero non ao persoal, que seguiu traballando a través das antigas concesionarias “como se foramos dunha ETT”.


O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (Tacgal) ten suspendida a licitación de maneira cautelar e está á espera de resolver o recurso presentado polos traballadores.


A traballadora tamén lembra que, tal e como apuntan os pregos, o mantemento das autovías será inferior por pasar a ser de conservación ordinaria. 

Os traballadores da Autovía do Barbanza denuncian o rescate da Xunta por deixar fóra parte do persoal

Te puede interesar