Que é o que precisan os Grobits de O Grove?

Que é o que precisan os Grobits de O Grove?
Unha das cabañas dos Grobits na súa Aldea de A Toxa | cedida

Nun fermoso lugar de O Grove habitan unhas persoaxes tan máxicas e sorprendentes que aínda que non se deixan ver moito, están encantados de recibir as visitas dos nenos e das súas familias, para encher de alegría e sorrisos o seu fogar rodeado de natureza no Monte Xaquín Álvarez Corbacho da illa de A Toxa. 


Sen embargo, algo lles pasa. Están adoecidos e precisan a axuda de todos nós... ¿Que é o que necesitan?. 

 

O Grobit Grigo envíanos unha mensaxe moi especial, na que nos advirte de que ás árbores da Aldea dos Grobit están enfermas e máis alá de alimento, precisan un plus de vitamina e enerxía, con árbores novas que lles permitan sanar e gañar forza, ao igual que nós, que necesitamos unha forte aperta das nosos pais, anímos de amigos e famliliares... ou o que é o mesmo, cariño, “o alimento da alma”. E ás árbores tamén teñen alma.


Como di Grigo, “necesitan alimento en forma de auga de choiva e de abono, pero tamén moito amor para medrar fortes, coma tí, e tamén abrazos e alguén que lles fale do bonitas e fermosas que son”. Ademáis, as persoas temos pulmóns para respirar, pero o pulmón da terra son moitas árbores xuntas, e agora, lamenta o noso amigo Grobit, “perdeuse a tradición de plantar árbores, e non debería desaparecer se é algo bo para os seres vivos”.


Por elo, os Grobits piden a nosa ayuda, para que non perdamos a tradición e lles demos moito cariño ás árbores, que son moi importantes para darnos osíxeno e para manter tan fermoso coma sempre este rincón do máis especial no Grove.


Así que Grigo lanza unha pregunta: “Queres ser amigo do bosque, un amigo dos Grobits e recuperar a tradición de coidar o bosque e o planeta? Queres facer un novo amigo?” Se a resposta é sí, “tes que vir coa tua ilusión e un nome escrito nunha tarxeta para identificar o teu novo amigo, que virás a visitar, darlle apertas, e contarlle cousas para que medre contento”. Eso é todo o que piden estes seres fantásticos, que choran porque as árbores son moi sensibles e precisan o noso cariño. 

 

“O seu crecemento é moito máis lento que o teu, pero un día, asegura Grigo, a árbore “Pepiño” por exemplo, fará sombra e será pulmón dos teus fillos, dos fillos dos teus amigos, dos paxáros que se cobixen nela, ou dos cans que por ali paseen”. 
I e que, é ben seguro que “sementa un amigo, coidao e será para toda a vida”. 

Entonces que... Botámoslle unha man? 

Que é o que precisan os Grobits de O Grove?

Te puede interesar