A Lectura continuada abre unha semana para a Cultura

A Lectura continuada abre unha semana para a Cultura
Diario de Arousa-2019-05-14-011-b277b3b9

Cambados vén de abrir unha semana cargada de actos culturais co gallo do Día das Letras Galegas. Onte, na Calzada, celebrouse a tradicional lectura continuada pública, para divulgar textos do homenaxeado este ano, Antón Fraguas. Foi un evento seguido polo público en xeral que quixo achegarse a desfrutar dunha tarde de sol e literatura. 

O mércores será turno da ofrenda floral das Letras, coa participación, tamén tradicional, dos diferentes centros de ensino. Será a mediodía, no mesmo paseo. O xoves celebrarase a mítica Carreira dos Institutos de Cambados. 

Xa o venres, no día grande, haberá concerto das Letras ás 13 horas, coa Banda de Música de Castrelo. E pola tarde, no auditorio, haberá teatro con “Pepa  Loba”.

O sábado 18 o teatro seguirá en A Xuventude, con alumnado do colexio de Castrelo. Está previsto tamén nesta xornada o Campionato Nacional de culturismo do Norte de España. 

Finalmente, o domingo 19 haberá actuación musical con Xironsa, no patio central de Exposalnés, eventos todos aos que a Concellería de Cultura invita aos veciños a asistir. 
A Carreira dos Institutos

A carreira do xoves, Memorial Alejandro García Fariña, sairá ás 10:30 horas dende a Alameda de Santo Tomé, con chegada ao IES Asorey. 

Participarán uns 500 alumnos, deste centro e máis do Cabanillas e volverá contarse coa colaboración de numerosos establecementos comerciais da vila e comarca, que aportan trofeos para premiar ao destacado número de corredores.

A Lectura continuada abre unha semana para a Cultura

Te puede interesar