MEIS - “A xente achégase a onde min, chorando, e dime ‘sufrín moito contigo’. Iso emociona”

MEIS - “A xente achégase a onde min, chorando, e dime ‘sufrín moito contigo’. Iso emociona”
Copia de Diario de Arousa-2016-03-06-007-483235ff

Marcos Roma afronta por terceiro ano a representación de Xesucristo na Semana Santa de Paradela (Meis), declarada de Interese Turístico Autonómico.
O mozo afronta con “moita enerxía” este papel protagonista e afirma que, polo que a el respecta, está disposto a seguir facéndoo “por moitos anos”. Ten unha longa traxectoria como actor nesta representación, en diferentes papeis dende neno, pero este ano afróntao “algo máis nervioso” polo cambio que a organización decidiu introducir: “Pasar os diálogos ao castelán, porque viña moita xente de fóra que tiña dificultades para entendelos”. 
Iso, o cambio dos textos, fai máis necesarios os ensaios. “Estamos a preparalos todos os luns, mércores, xoves e venres, e de agora en adiante imos a facelos todos os días, porque cada vez falta menos”. 
Todo o demáis, seguirá como ata agora, respectando o elenco principal de actores dos últimos anos e sumando máis de 200 persoas entre personaxes e figurantes, todos veciños voluntarios para unha representación que se perde na historia da vila. E repetindo as escenas bíblicas que tan ben coñecen en Meis.
De todas elas, para quen fai de Xesús, “non é sinxelo resaltar unha. Hai varias. A escena onde a igrexa, cando recibo os lategazos... Tamén o Via Crucis me gusta moito, ao igual que o Xoves Santo, cando se aforca Xudas. Son todos momentos moi bonitos”. 
Pero o público ten un favorito, “o Venres Santo”, que é, con diferenza, cando máis persoas se desprazan ata Paradela. “Á xente impáctalle moito”, tanto os lategazos como o resto de escenas ata a propia Cruxifixión. Son duras e “hai persoas que incluso choran ao velas. O ano pasado tamén foi duro para min. Ao final dos actos veu xente onda min, chorando, e díxome ‘sufrín moito contigo’. Iso emociona. E tamén axuda”. 
A primeira oportunidade para os interesados que coñecer estes actos será o domingo 20, de Ramos, ás 12:30 horas.

MEIS - “A xente achégase a onde min, chorando, e dime ‘sufrín moito contigo’. Iso emociona”

Te puede interesar