Rexistrado un gran incendio forestal que afectou a 1,58 hectáreas na parroquia de San Vicente do Grove

Rexistrado un gran incendio forestal que afectou a 1,58 hectáreas na parroquia de San Vicente do Grove
O lume estivo cerca dunha zona con vivendas | Cedida

Un gran incendio forestal foi rexistrado este mediodía, sobre as 14:20 horas, na parroquia de San Vicente do Grove, afectando a 1,58 hectáreas de monte. A pesar de que o lume estivo cerca dunha zona con vivendas, por fortuna non houbo que lamentar perdas materiais nin persoais. 

 

Ademais, segundo indican fontes veciñais, o vento do norte axudou a que as chamas non chegasen a alcanzar as residencias, polo que os habitantes das casas non correron ningún peligro.

 

O lume foi estabilizado sobre as 16 horas e controlado sobre as 17:40. No operativo de extinción colaboraron tres axentes forestais, cinco brigadas de bombeiros forestais, seis camións motobomba, dous helicópteros e dúas avionetas.

Rexistrado un gran incendio forestal que afectou a 1,58 hectáreas na parroquia de San Vicente do Grove

Te puede interesar