SANXENXO - “Dispoñemos xa dun anteproxecto para dotar de beirrarúas a Noalla”

SANXENXO - “Dispoñemos xa dun anteproxecto para dotar  de beirrarúas a Noalla”
Copia de Diario de Arousa-9999-99-99-999-87b201b2

Apenas levan tres meses en funcionamento, pero a Asociación de veciños San Esteban de Noalla presentou xa máis dunha trintena de iniciativas en distintas administracións para acadar importantes melloras para a parroquia. O seu presidente, Jose Carlos Arosa, amósase agradecido coa resposta e o apoio que o colectivo estea recibindo dos veciños e presenta con ilusión algúns dos “proxectos estrela” do colectivo para os vindeiros anos.

Que balance realiza destes tres meses ao fronte do colectivo logo de sete anos sen actividade veciñal?
Para chegar a todas as áreas, que son moitas, estamos agrupados por competencias e desa forma nos é máis sinxelo traballar. Somos doce persoas con gañas de facer cousas pola parroquia, pero a realidade é que nestes sete anos non se invertou nin un só euro en Noalla.

Como están a responder os veciños. Teñen xa moitos socios?
Rondamos o centenar, pero temos claro que medrarán porque non os imos a defraudar. Nestes momentos estamos elaborando un novo censo que cumpla coa lexislación vixente e agardamos que nos sigan apoiando como ata agora. 

En que están traballando nestes momentos?
Presentamos máis dunha trintena de iniciativas en distintas administracións dependendo das competencias. Interesámonos polo que está a pasar co antigo cuartel porque calquera día ocorre unha desgraza. Imos a pedirlle ao Concello que urxa a Patrimonio a que resolva o expediente para que se leve ou ben unha actuación de derribo ou de habitabilidade. Isto leva paralizado dende hai anos.

Algunha actuación da que poderán disfrutar proximamente os veciños?
Levámola no noso programa e niso estamos traballando nunha zona de lecer en Fonte Galiña. trátase dun terreo comunal en Aios. Tamén estamos xestionando outra zona  de ocio e parque infantil fronte a igrexa nunha parcela de 13.000 metros cadrados, aproximadamente. É un terreo da igrexa e xa falamos co cura ao que lle presentaremos un proxecto.

A seguridade viaria na parroquia era unha das grandes preocupacións deste colectivo. Que medidas propoñen?
É o noso proxecto estrela. Xa temos un anteproxecto redactado para dotar a parroquia de beirrarúas e presentarémolo aos veciños, administracións e aos medios de comunicación. É unha vella reivindicación que se chegou a prometer en varias ocasións, pero que nunca se materializou. Os maiores de Noalla se queren ir a misa teñen que levar unha luz de pila. Os pintados en distintos puntos da parroquia tamén deixa moito que desexar, hai que repintar e xa solicitamos unha reunión coa concelleira de Seguridade.

Algunha solución para o paso da Revolta que se inunda cada inverno?
Temos tamén un anteproxecto que  xa presentamos no Concello e que teñen que defender ante as administracións competentes. Trátase de canalizar as augas e de colocar unha pasarela de madeira para os peóns para evitar que se pasa un coche se teñan que botar fóra da estrada. É ademais de pouco seguro, unha mala imaxe.

SANXENXO - “Dispoñemos xa dun anteproxecto para dotar de beirrarúas a Noalla”

Te puede interesar