Vilanova acolle un pase especial de "O Corno" coa directora e persoas do Salnés que son parte do proxecto

Vilanova acolle un pase especial de "O Corno" coa directora e persoas do Salnés que son parte do proxecto
Janet Novás e Jaione Camborda no Auditorio de Vilanova | MARIO LLORCA

O Auditorio Valle-Inclán de Vilanova de Arousa acolleu o venres un pase especial de "O Corno", a segunda longametraxe da directora e guionista Jaione Camborda, que xa se pode ver nos cinemas despois de gañar a Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián. Á proxección asistiron moitos figurantes e outras persoas que colaboraron na rodaxe, celebrada no outono pasado en varios concellos de O Salnés e do Baixo Miño.

 

A directora, Jaione Camborda, presentou o filme acompañada do elenco principal, con Janet Novás á cabeza, e no que participan varias actrices e actores da zona, como Carla Rivas, de Carril, ou José Antonio Navarro e Flako Estévez, de Vilanova. Ao acto asistiu tamén o alcalde do municipio, Gonzalo Durán, acompañado de varios membros da Corporación, e representantes doutros concellos da comarca.

 

Película o corno vilanova de arousa
A directora e actores da película durante o pase en Vilanova de Arousa | MARIO LLORCA

 

"O Corno" foi a película gañadora da Cuncha de Ouro á mellor película no 71º Festival Internacional de Cine de San Sebastián, onde Camborda xa fixo historia ao ser a primeira directora muller española que acada co seu filme este galardón, por primeira vez cun filme en galego. 

 

Está ambientada naIlla de Arousa, no 1971, e conta a historia de María, unha muller que gaña a vida mariscando. "Tamén é coñecida na illa por axudar outras mulleres nos seus partos con especial dedicación e coidado. Tras un inesperado suceso, vese obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que a fará loitar pola súa supervivencia. Buscando a súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal".

Vilanova acolle un pase especial de "O Corno" coa directora e persoas do Salnés que son parte do proxecto

Te puede interesar