Campo aberto para as casas de apostas

n 1985 había muro en Berlín, España aínda asinaba daquelas a súa entrada en Europa (por entón CEE), Fernández Albor era presidente de Galicia, Ronald Reagan aínda ía pola metade do mandato e Platini facía campiona de Europa á Juventus no día da traxedia de Heysel. Dende entón deu tempo a que se pensara, planificara e implantara o euro 15 anos máis tarde ou a que aparecera internet que era totalmente descoñecida daquela. Moito choveu.

Desde mesmo ano, 1985, é a lei que aínda regula o xogo e as apostas en Galicia que, xa por entón, causou unha condena a un vicepresidente da Xunta por favorecer a algún amiguete cunha empresa do sector. E, dende aquela, así seguimos. O xogo online, as apostas en máquinas dos bares, as casa de apostas que se instalan, os videoxogos nos que hai que pagar por ter máis posibilidades de gañar...todo iso está fora da lei porque, sinxelamente, nada existía cando se fixo.

Por que estamos así? Pois porque 37 anos despois ningún goberno autonómico o cambiou. Pero sexamos algo máis francos, porque hai non tanto tempo que o xogo, e os problemas de adicción que trae consigo o descontrol ao redor do xogo e as apostas, non eran foco de preocupación dende o global da sociedade e, tampouco, para a política. Esta realidade disparouse nos últimos 6-10 anos. Dende hai 7 que o goberno de Galicia ven anunciando, cada poucos meses, que xa está lista para presentarse unha nova Lei do Xogo. Xa, prontiño, axiña, inmediatamente...e nada. Moito anuncio...pero nada.

Dende que existen tantos anuncios de que unha nova lei regulará onde se poñen as casas de apostas, cantas máquinas pódense poñer nun bar, que xogos estarán permitidos e outras cousas así pois a realidade é que todo está permitido porque nada está limitado. Hoxe vivimos un territorio aberto a que un sector que move miles de millóns de euros, e que sabe como xerar atracción, instálese no portal do lado. Vivimos unha selva onde sempre gaña o máis forte, porque non se quere regular. Dende que tanto se anuncia que se fará, hai medio centenar de novos locais de apostas en Galicia, e un mundo de webs que se anuncian por todos os sitios. De tanto anunciar que ven o lobo non van quedar ovellas que coidar. Parece que existise un pacto non escrito polo que aparecerá unha lei cando todo estea xa expandido, como quen abre un paraugas cando xa terminou de chover e estamos todos mollados

Campo aberto para as casas de apostas

Te puede interesar