Pasos para un novo centro de saúde

Non foi sen tempo. Despois de 14 anos de que este proxecto estivera encamiñado, e que a chegada de Feijoo á Xunta o paralizara co aplauso do PP de Vilagarcía, foi o empeño deste goberno local durante anos o que conseguiu o proxecto do novo centro de saúde. Polo camiño houbo negativas, miradas para outro lado e intentos de boicoteo por parte dos que dende Vilagarcía querían defender á Xunta a base de opoñerse a todo o que era bo para os vilagarciáns. 
 

Esta semana o pleno municipal aprobaba a cesión dos terreos da antiga Comandancia, o indiscutible mellor lugar para facelo. Por fin, e tras 14 anos, o PP votou a favor. É unha boa noticia (polo menos para todos os demais), e creo que é importante recoñecer o valor do propio PP de rectificar e de asumir que estaban equivocados. Non é fácil nestes tempos asumir errores, e desta vez cabe ser honestos cos rivais que saben facelo. Creo que toca agradecer ese apoio que brindan aos que defendemos esta necesidade e, aínda que chegue 14 anos tarde, agora xa non vamos a recuperar ese tempo así que benvido sexa. 
 

Pero isto non acaba aquí, senón máis ben ao contrario. Agora toca reclamar axilidade, que de promesas que quedan no papel todos sabemos moito. E cabe reclamar que esa axilidade sexa para ter máis construción e, sobre todo, máis profesionais. Aí tamén será necesario que os que acaban de sumarse ao carro apoien as demandas dos que, dende hai tanto tempo, reclamamos que Vilagarcía merece unha atención sanitaria de primeira e que para iso fan falta máis enfermeiras, máis médicas, máis auxiliares, celadores, técnicos de ambulancia (e unha nova ambulancia!)... A convencer á Xunta de Galicia deste debemos dedicar as nosas forzas. Ogallá se manteña o apoio aí. Aos que aínda non están de todo convencidos, ou que non votan a favor porque cren que iso é darlle unha vitoria ao goberno local, tamén cabe recoñecerlles que xa non están furibundamente en contra.
 

Agora pasan desapercibidos e, estou seguro, acabarán celebrando o proxecto. E será un logro colectivo, 

tamén deles, porque non todo o mundo ten por que estar dacordo dende o principio, senón que o importante é que as boas ideas acaben saíndo adiante. 
 

Sigamos traballando.

Pasos para un novo centro de saúde

Te puede interesar