Bea Rubianes: “Estar aislada e a incertidume de saber se o tiña ou non foi o peor de todo”

Bea Rubianes: “Estar aislada e a incertidume de saber se o tiña ou non foi o peor de todo”
Bea Rubianes xunto ao seu marido e os seus dous fillos na súa casa de Godos | gonzalo salgado

Bea Rubianes é veciña da parroquia de Godos, en Caldas, e unha das personas que pode dicir en voz alta que superou con éxito unha infección por coronavirus. Con 36 anos pasou por unha neumonía e dúas semanas que ela mesmo recoñece como “fatais”. O seu caso serve para ilustrar que “este virus non só o sofren as persoas maiores, senón que pode tocarnos a calquera”. 

Cando se empezaron a advertir os  síntomas? Sospeitaba que podía ser o coronavirus?

Os meus primeiros síntomas foron unhas “agujetas” moi grandes nas pernas, nos xemelgos. Eu pensei que era simplemente iso e non lle dei moita importancia. O problema veu que cada vez a dor ía a máis e case non era capaz de moverme. Empecei tamén a notar falta de aire e a sentirme moi cansa. Chamei ao número da Xunta e dixéronme que a falta de aire podía deberse á ansiedade, que había moita xente que chamaba e que era debido a isto de estar encerrados. O resto dos síntomas achacounos a unha gripe común, que se non tiña febre que non era o Covid. Eu dende logo non as tiña todas conmigo porque tiven gripes e nunca me sentira así antes.

Entón, non houbo febre?

Si, si, foi días despois. Ao día seguinte de chamar ao número da Xunta fun ao centro de saúde e xa me dixeron que, polos síntomas que tiña, debería quedar aislada. Como son asmática e iso se considera grupo de risco pois deixáronme na lista de espera para facer o test. Ese mesmo día xa empecei con febre, de 39 e 39 e medio non baixaba. Sentíame fatal e tiña moitísimas dificultades para respirar. Eu usaba o meu inhalador, pero non facía nada. Chamei ao 061 e mandáronme comprar outro e tamén me recetaron Trankimazín. Aínda así non iba a mellor, estaba máis fatigada.

Todos estes síntomas e seguía agardando pola proba...

Si. Como me encontraba moi mal  cando falei co médico e veu que non me atopaba ben díxome se me podía achegar ao Hospital do Salnés. Fun en coche. Cheguei alí e fixéronme a proba e tamén unha placa que determinou o que se temía, que tiña neumonía e que era positivo en coronavirus.

Sabe como ou donde puido contraer o covid?

Saber saber non se sabe, pero sospéitoo. Miña irmá traballa nun supermercado e tamén deu positivo tras ter uns síntomas moi similares aos meus. De feito ela foi ao médico porque lle costaba respirar e dixéronlle que era asma e para iso a trataron. Logo deu positivo.

Como foi estar aislada durante dúas semanas?

Foi horrible, de verdade. Aínda o penso agora e póñenseme os pelos de punta. Primeiro choraba porque sentía impotencia por non saber se estaba ou non contaxiada ou se podía pasarllo aos meus. Estaba encerrada na habitación, coa porta cerrada, e sen poder ver nin ao meu home nin aos meus fillos. Solo podías falar por teléfono coa xente, pero non é o mesmo. Psicoloxicamente é moi duro, horrible. Teñen que deixarche a comida na porta, como se foses un can. Eu entendo que a situación nos sobrepasou a todos, pero non é normal que deixen a unha persoa aislada, con síntomas, sen facerlle unha proba de primeiras. Cando eu case levaba dúas semanas aislada o meu home, Santi, tamén empezou cos síntomas.

Hai unha crenza extendida de que o virus só o colle a xente maior ou que lle afecta só aos que teñen patoloxías previas...

Iso é unha tontería porque eu son nova e sana e tiven neumonía e vinme mal. A cousa é importante e hai que tomala como tal. Non andar con medo, pero si con precaución e respetar as normas. Non só hai que mirar por un mesmo, senón tamén polos demais. Hai xente que vai visitar aos pais, pero iso non se pode facer. Hai que ter un pouco de respeto por todos.

É unha situación difícil...

Eu dígoche a verdade, na casa non vemos a televisión. O feito de que estean todo o tempo dando as cifras dos mortos afecta, e moito. Eu teño un bar (Bar O Coxo, en Godos) e antes de que se decretase o peche eu dáballe moitas voltas á cabeza por medo a que eu ou algunha das camareiras o collese e llo pasaramos á clientela. Isto é unha aldea e a clientela é maior e sempre podía quedarche iso aí. Eu o día que dixeron que os bares tiñan que pechar respirei tranquila.

Despois de dar negativo no test e pasar o aislamento. Pode saír?

Si, eu estou curada. Xa me dixeron que podía saír sen ningún tipo de problema a facer a compra e ao básico.

Bea Rubianes: “Estar aislada e a incertidume de saber se o tiña ou non foi o peor de todo”

Te puede interesar