Volve unha vez máis a Semana de cine a Vilagarcía de Arousa! Este 4 de Agosto comeza a edición de 2024 do evento cinematográfico do verán, esta vez cunha temática fixada ao redor do son, cunha gran selección de películas, talleres e actividades ao aire libre, como o xa coñecido Cine na Praia.
O Cine Clube Ádega inaugura a semana cunha selección de curtametraxes para nenos e continúa coa proxección dun dos grandes éxitos do 2018, Isle of Dogs, unha interesante película do recoñecido Wes Anderson. A proxección da película terá lugar na Praia da Compostela o Domingo 4 de agosto.
O desenvolvemento da semana continuará o Luns 5 de Agosto coa gravación en directo do Podcast Gafapasta Plasta, una actividade popular do CineClube no que se achegarán distintas posturas sobre a actualidade cinematográfica e contará coa colaboración de Juan Quintás. Terá lugar o Luns 5 de Agosto ás 20h00 coa posterior proxección do filme La zona de interés, unha nova ollada á coñecida situación fos campos de concentración gañadora de dous premios Óscar. Ademáis de longametraxes contaremos coa curtametraxe de O gaiteiro que desceu da caravela e unha posterior charla de Juan Quintás, acabando coa proxección da gañadora do Festival de Venezia de 2021, TRES, de Juanjo Giménez (Martes 6 de Agosto).
A semana continúa co workshop El Silencio Cinematográfico onde se explorarán as distintas posibilidades que ten o son dentro do cine e culminará o día ás 21h00 co filme-concerto por parte da banza Fuzzo, que lle poñerán banda sonora en directo ao clásico El hombre Mosca de Harold Lloyd (Mércores 7 de Agosto); A continuación impartirase un taller de Stop-Motion para nenos onde aprenderán a facer a súa propia película e a posterior proxección de Calamity, película de animación tamén para os máis pequenos e para acabar o día proxectarase o largometraxe que revolucionou a maneira de facer documentais sobre música, Stop Making Sense de Jonathan Demme. (Xoves 8 de Agosto). Tamén contaremos cunha visión feminina da italia antiga da man de Paola Cortellesi co seu filme de 2023, C'è ancora domani (Venres, 9 de Agosto). Para rematar, o Sábado 10 de Agosto haberá unha noite de cine e picnic onde se poderá disfrutar da presentación do libro El imaginario fantástico de Tim Burton de Milenia Martinez e a posterior proxección do clásico da infancia de moitos, Bitelchús.
Existen abonos para a Semana de cine que darán acceso para toda a semana. Para o público xeral serán 10 euros, 7 para persoas en paro/con carné xove e de balde para os socios. As entradas pódense adquirir na web do cineclube ou en taquilla no Salón García a partir das 19h. Animamosvos a todxs a que participedes e así desfrutar do cinema no verán un ano máis!