Alumnos de Secundaria recitan a Celso Emilio Ferreiro

Os centros de ensino secundario do Salnés, a través dos seus equipos de Dinamización Lingüística, se suman hoy al recitado colectivo y simultáneo del poema de Celso Emilio Ferreiro “Deitado frente ao mar”, co que pecharán o ano no que se conmemora o centenario do nacemento do escrito celanovés.

Os centros educativos da comarca forman parte dos máis de 130 de toda Galicia que se suman a esta convocatoria, o que implicará a máis de 10.000 alumnos que van participar nesta actividad. Na comarca do Salnés a práctica totalidade dos centros se suman a esta actividade que se desenvolverá nunha data singular: O 12, do 12, do 12, ás 12 horas. No caso de Vilagarcía, a iniciativa se desenvolverá no IES Armando Cotarelo a mediodía. Alí uns sesenta alumnos de Secundaria realizarán unha intervención sorpresa na entrada do centro, onde recitarán o poema sobre unha base musical disco realizada por estudiantes deste centro.

Tamén en Vilanova e na Illa haberá actos. No IES A Basella terá lugar unha lectura conxunta por parte de cen alumnos e na Illa de Arousa está previsto un vídeo realizado por estudiantes de terceiro de ESO.

O Salnés formará parte, por tanto, da iniciativa que se desenvolverá de forma simultánea en numerosos institutos da comunidade.

Alumnos de Secundaria recitan a Celso Emilio Ferreiro

Te puede interesar