De certame literario coa mestra Marisa: A coraxe ten premio

De certame literario coa mestra Marisa: A coraxe ten premio
María Latorre foi a gañadora do certame literario da Mesa das Verbas | mónica ferreirós

Lectora empedernida, admiradora de Rosalía de Castro e de Juan Ramón Jiménez, hai xa uns anos que María Latorre atopou na poesía unha compañeira inesperada. E foi así como comezou unha carreira literaria, pero de portas para adentro.


Escribiu poemas e poemas, sen atreverse nunca a compartilos máis que cos seus máis achegados. Ata que un día, tentouna un buzón.


Era o do certame da Mesa das Verbas. “Cando vin a urna, botei o poema e ala fumos a mestra dona Marisa e máis eu ao concurso”, explica María.


A mestra Marisa foi a súa profesora de galego na extinta EXB. Ademais de inculcarlle o amor polas letras, a alumna María, hoxe convertida en muller, recorda sobre todo o cariño no trato.


Uns coidados que se convertiron en verbas no Días das Letras Galegas de 2021 e en premio hai apenas uns días. Cando Latorre botou o poema na urna, “dentro había moitos papeis”. Máis dunha trintena, de feito.


Aquel xesto foi para ela, poeta tímida, toda unha liberación. Non esperaba nada daquela estrea, pero chegou a chamada comunicándolle o primer premio.


Xa antes tiña claro que non sería a súa última vez, pero agora está todavía máis animada. Os seus poemas falan de soidade, do paso do tempo, da natureza e da infancia no seu Caldas natal. “En galego teño poucos, pero son os que me saen máis de dentro. Sinto que me arrinco algo”, explica.


María Latorre exemplifica á perfección un dos obxectivos da Mesa das Verbas: O de atopar novos poetas. Agora, recoñece que tentará seguir compartindo os seus versos con outros aficionados á poesía, tras un revulsivo que chegou en forma de premio literario. Foi a través dun poema adicado á súa mestra, da que non volveu a saber nada desde que rematou o colexio. “Claro que me gustaría que lera o que significou para min no seu momento”, recoñece. “Labourabas terrón de millo, sementabas elefantes sen marfiles brancos, gañabas aoenas as cóxegas dos infames garabullos”, di o poema titulado “Vai por ti, Dona Marisa”.


Gran participación

María Latorre foi a gañadora do III Concurso Literario das Letras Galegas, que organiza a Mesa das Verbas e patrocina o Centro Comercial Arousa. No segundo posto, quedou a obra “Nel”, de Luis María Álvarez; e no terceiro a de Marta Amarelle, titulada “É a primeira vez que”.

De certame literario coa mestra Marisa: A coraxe ten premio

Te puede interesar