Cifran en case 20.000 os asistentes á edición deste ano do Festival Revenidas de Vilaxoán

Cifran en case 20.000 os asistentes á edición deste ano do Festival Revenidas de Vilaxoán
A sardiñada de Revenidas bateu records | gonzalo salgado

O Festival Revenidas, enmarcado dentro do cuño #RíasBaixasFests da Deputación de Pontevedra, encheu Vilaxoán nunha fin de semana de récord. Segundo a organización foron máis de 10.000 as persoas que participaron nos concertos de pago e máis de 11.000 as que estiveron nas actividades de ocio que rodean o festival, entre elas a sardiñada popular. De feito esta cita gastronómica tivo a maior afluencia da súa historia con máis de 8.000 persoas que esgotaron unha tonelada de sardiñas. As zonas de acampada estiveron cheas.
Así mesmo tamén tiveron un gran éxito as campañas a prol da igualdade e do respecto ao medio ambiente postas en marcha pola Deputación. O stand de “Lembra. Eu decido. Ti respectas” e “Conta conmigo. Eu respéctote” atendeu a máis dun milleiro de persoas, das que un 62 % foron mulleres e un 38 % foron homes, sendo a xornada do sábado a que tivo máis repercusión.
Dende o posto de Revenidas repartíronse máis de 900 sombreiros e máis de 2.000 adhesivos cos lemas das dúas campañas de igualdade. Difundíronse ademais arredor de 1.200 trípticos co obxectivo de previr casos de violencia sexual por submisión química e outros 1.200 para concienciar sobre o consentimento. l

Cifran en case 20.000 os asistentes á edición deste ano do Festival Revenidas de Vilaxoán

Te puede interesar