Dakidarría, El Diluvi e Tremenda Jauría súmanse ao cartel de Revenidas 2018

Novas confirmacións no festival vilaxoanés por excelencia, o Revenidas. Os grupos Dakidarría, El Diluvi e Tremenda Jauría súmanse a un cartel que converte a este pequeno pobo mariñeiro no epicentro da diversión e da música alternativa os días 17, 18 e 19 de agosto.
Estas tres novas bandas acompañarán ás xa anunciadas Soziedad Alkoholika, The Real McKenzies, Balkan Bomba, Ezetaerre, Cuarta Xusta, Glaukoma, NH3, Zoo, Steve ´n´Seagulls, Banda Xangai, Russkaja, The Dawlins, High Paw, Joan Garriga, Keltoi, Xavi Sarrià, Ayax y Prok e Auxili..
Agora a organización incorpora ao tamén coñecido como Festival das Linguas a cumbia combativa de Tremenda Jauría, a mestizaxe mediterránea de El Diluvi e a música comprometida e enérxica de Dakidarría que repiten no escenario vilaxoanés.
En todo caso a organización non descarta algunha incorporación sorpresa as próximas semanas. A día de hoxe está artellando toda a programación, cun forte contido cultural, que abrangue diferentes disciplinas e que está moi vencellada á tradición.
Cabe recordar que o Revenidas aposta pola combinación de espazos de balde para a o lecer dun público familiar e cunha programación musical que inclúe a bandas moi importantes no panorama internacional, estatal e galego.
O Revenidas está xa á volta da esquina e todos aqueles interesados poden mercar a súa entrada e os seus abonos a través da web www.revenidas.com por un prezo de 35 euros coa acampada incluída moi preto da zona portuaria na que se realizan os concertos.

Dakidarría, El Diluvi e Tremenda Jauría súmanse ao cartel de Revenidas 2018

Te puede interesar